EDUCACIÓN
O progama de conciliación de verán inicia os pequenos na agricultura ecolóxica
Os nenos e nenas que están a participar no programa de conciliación de verán tiveron hoxe unha actividade especial: desprazáronse ata os hortos de Fontiñas onde aprenderon a facer unha plantación ecolóxica.
DEPORTES
A delegación compostelá que participou nos Xogos do Eixo Atlántico recibe os parabéns da Corporación
Os preto de 70 participantes, entre deportistas e adestradores, foron recibidos no Pazo de Raxoi polo alcalde compostelán, Ángel Currás, e membros da Corporación.
EDUCACIÓN E XUVENTUDE
Chegou a Lavacolla o primeiro voo con nenos saharauís que pasarán o verán en Galicia
Dentro do programa "Vacacións en paz" o aeroporto de Lavacolla recibiu esta madrugada aos nenos saharauís dos campamentos de Tindouf que foron recibidos polas concelleiras Rebeca Domínguez e María Castelao
MOBILIDADE
A Policía Local colabora coa DGT nunha nova campaña de control de alcolemia
A campaña desenvolverase entre os días 9 ao 15 de xullo na zona urbana compostelá, segundo deu a coñecer o concelleiro de Tráfico, Luis Bello, en rolda de prensa.
IGUALDADE
Preséntanse as conclusións do proxecto Keyfora nun seminario final
O Cersia está a acoller o Seminario final do proxecto Keyfora cos obxectivos de sintetizar, compartir, debatir e dar visibilidade ás experiencias adquiridas polos participantes durante os tres anos de proxecto.
MOBILIDADE
O aparcamento de Santa Marta será gratuíto a partir do 1 de agosto
O concelleiro de Mobilidade, Luis Bello, anunciou en rolda de prensa a medida, que foi aprobada polo Consello de Administración de Tussa. O aparcamento terá custe cero e estará aberto de sete da mañá a sete da tarde.
SEGURIDADE
A Unidade de Cabalería da Policía Nacional vai colaborar na Operación Lumes 2013
A tempada de risco de incendios que se extende ata o 30 de setembro contará con esta unidade para as labores de vixilancia.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Francisco Noya visita a escola unitaria de Verdía coa asociación de veciños para concretar as obras do novo local sociocultural
O concelleiro de centros socioculturais, Francisco Noya, e o presidente da Asociación de Veciños de Verdía, Antonio Otero, reuníronse na antiga escola unitaria da parroquia para consensuar as obras que se farán na mesma acondicionando unha parte para local sociocultural.
TURISMO
Xapón emite selos postais da Catedral de Santiago para o seu Ano Dual
Dez monumentos e paisaxes españois protagonizan a emisión filatélica conmemorativa do Ano Dual Xapón-España 2013- 2014
O templo galego resultou elixido entre máis de 500 imaxes de España polo instituto postal xaponés