EDUCACIÓN
A Escola de Música ofrece un curso de música de cámara e clases maxistrais para mozos e mozas composteláns
O Concello de Santiago de Compostela, a través da Escola Municipal de Música, poñerá en marcha o programa VERÁN DE MÚSICA 2013, na sede Escola Municipal de Música entre os días 8 e 13 de xullo de 2013 en colaboración co Natalia Ensemble, un grupo de novos músicos de alto nivel que comezaron a súa andaina na Gustav Mahler Jugendorchester. A concelleira de Educación, María Castelao, presentou o programa en rolda de prensa, xunto cos músicos André Cebrián e Bleuenn Le Friec, e a...
DEPORTES
O Concello anima a todos os composteláns a recibir o Compos o martes pola tarde na praza do Obradoiro
Despois de acadar o ascenso á segunda B en Murcia, a expedición da SD Compostela ao completo chega a Santiago para celebralo. Serán recibidos no pazo de Raxois mañá, martes 2 de xullo, ás 20.30 horas.
ECONOMÍA
O Concello organiza o primeiro Foro Santiago Investors Support
O Foro, que se celebrará o 10 de xullo no Auditorio de Novagalicia Banco, centrarase no emprendemento. No evento entregaranse os Premios Emprende Santiago, organizados por AJE A Coruña e patrocinados polo Concello.
ALCALDÍA
Carrefour valora positivamente o funcionamento do centro comercial das Cancelas tras seis meses de apertura
O responsable institucional de Carrefour, Alberto Larrosa, reuniuse co alcalde compostelán, Ángel Currás, e coas concelleiras María Pardo e Reyes Leis para facer balance dos primeiros seis meses de vida do centro e para poñer en común os novos proxectos de futuro.