EDUCACIÓN
Aberto o prazo de preinscrición nos servizos de comedor e de madrugadores en nove centros escolares para o curso 2013-2014
Hoxe venres, 14 de xuño, abriuse o prazo de preinscrición nos servizos de comedores e de madrugadores en varios centros de educación infantil e primaria de Santiago de Compostela, xestionados polo Concello de Santiago. O prazo estará aberto ata o 21 de xuño.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Ruta micolóxica polo Tambre
O Centro Sociocultural de Conxo acolle unha nova xornada dedicada ás setas o sábado 15 de xuño. Está organizada pola Asociación Micolóxica Pan de Raposo e a Concellería de Centros Socioculturais.
ALCALDÍA
Chegan a Compostela 90 policías nacionais procedentes de Ávila tras realizar o Camiño
O alcalde compostelán, Ángel Currás; o delegado do Goberno en Galicia, Samuel Juárez; e o subdelegado do Goberno na Coruña, Jorge Atán, recibiron un grupo de 90 policías, futuros inspectores, procedentes da Escola Nacional de Policía de Ávila, que realizaron o Camiño de Santiago xunto con varios profesores.
BENESTAR SOCIAL
Un encontro reúne en Santiago 50 mulleres con discapacidade da provincia da Coruña
A concelleira de Benestar Social, María Castelao, asistiu no Hotel Porta do Camiño á inauguración do encontro provincial "Espazos para a Reflexión. Mulleres con capacidade", organizado pola Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia (Acadar).
OBRAS E BRIGADA
O Concello acomete a reparación de rúas do Ensanche e do Campus Sur
O concelleiro da Brigada de Vías e Obras, Juan de la Fuente, deu conta do próximo inicio das obras de reparación das rúas do Ensanche e do Campus Sur. As obras no Ensanche foron adxudicadas por 124.924 euros e teñen un prazo de execución de 60 días. Beneficiarán de forma integral a sete rúas, pero tamén se actuará no resto de vieiros.
COMERCIO
Celebráronse as dúas primeiras conferencias do programa de dinamización comercial do barrio de San Pedro
Esta semana tiveron lugar as dúas primeiras conferencias dentro do programa de revitalización comercial San Pedro para vivir, San Pedro para traballar, dedicadas a "As posibilidades de uso e o potencial dos locais baleiros" e a "Axilización do proceso de obtención de licenzas municipais para a apertura de negocios".
EDUCACIÓN
A Escola Municipal de Música pechou o curso no Auditorio de Galicia cun musical de bandas sonoras de Disney
A Sala Brage do Auditorio de Galicia acolleu o Festival Fin de Curso da Escola Municipal de Música de Santiago, coa posta en escena dun musical titulado Todo Disney. Familias e público en xeral puideron gozar nesta sesión especial dunha visión de conxunto do traballo realizado no centro. A concelleira de Educación, María Castelao, asistiu á representación.
SANIDADE
O cans do Refuxio de Bando peregrinan para promover a adopción
Por cuarta vez, os cans residentes no Refuxio de Bando, xunto con voluntarios e padriños realizarán a última etapa do Camiño de Santiago, para dirixirse logo ao Parque de Belvís. Alí, como novidade e no marco da Romaría Pop, haberá unha Pasarela de Adopción dos cans participantes e un posto informativo.
BENESTAR SOCIAL
O Centro Comercial Área Central acolleu o mercado solidario "Trócame-Roque"
As concelleira de Educación, María Castelao, inaugurou en Área Central o proxecto Trócame-Roque, un mercado solidario infantil e xuvenil promovido polas entidades sociais, educativas e sanitarias do barrio de Fontiñas. Outros edís, como María Castelao ou Luis Meijide, tamén visitaron o mercado.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
O sorteo de adxudicación de prazas das "Mañás de verán e de xogo" realizarase o martes 18 de xuño
Rematado o 11 de xuño de 2013 o prazo para presentación de solicitudes de preinscrición nas actividades Mañás de verán e Mañás de xogo, atendendo aos criterios establecidos nas bases de participación -condición de empadroamento, cumprimento da idade establecida e prioridade ás solicitudes de participación por mes completo, xa son públicos os listados de admitidos definitivos, excluídos e a sorteo nas distintas actividades. O sorteo para a adxudicación das prazas.../em>