ACCIÓN CULTURAL
Nace "Compostela é Música", un censo online dos grupos e músicos profesionais de Santiago
O alcalde presentou hoxe Compostela é Música, un proxecto impulsado pola sección local da asociación Músicos ao Vivo e que conta co apoio do Concello de Santiago. Martiño Noriega estivo acompañado por tres dos membros dese colectivo: Nastasia Zürcher, Xabier Mera e Xacobe Martínez Antelo. Compostela é Música será unha plataforma online que pretende cartografar a escena musical da capital galega. O obxectivo é crear un censo oficial, público e actualizado, que poderá ser.../em>
POLÍTICAS SOCIAIS
O Concello aposta por ter un papel referente na Cooperación ao Desenvolvemento
A concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, participou esta mañá da xuntanza do Consello de Cidades e Deputacións do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade para impulsar a cooperación ao desenvolvemento cos países máis empobrecidos.
ACCIÓN CULTURAL
Marta Bran inaugura este venres na Zona "C" o proxecto "Once Upon a Time"
A artista Marta Bran (Melide, 1986) presenta este venres 3 de febreiro, ás 20:00 horas, na Zona "C", o proxecto Once Upon a Time acompañada, no acto inaugural, pola concelleira Marta Lois. A intervención, con entrada libre, poderá verse ata o vindeiro 2 de abril en horario de martes a sábado de 16:00 a 20:00 e domingos de 14:00 a 19:00 horas (luns pechado).
MEDIO AMBIENTE
O CIAC organiza en febreiro un obradoiro de compostaxe e un roteiro por Belvís
O Centro de Interpretación Ambiental de Compostela (CIAC), situado en Belvís, organiza neste mes de febreiro dúas actividades: un obradoiro de compostaxe doméstica e un roteiro polo parque de Belvís. A inscrición nestas actividades, ambas de balde, pode realizarse a través do teléfono 981 543 145 ou da dirección de correo electrónico ciac@santiagodecompostela.gal.
DEPORTE
Case 350 parellas participarán este domingo en Santa Isabel no Torneo de Baile Deportivo BADEGA
A concelleira de Deporte, Noa Morales, acompañada do presidente da Federación Española de Baile Deportivo, Luis Vañó, e da delegada territorial en Galicia, Graciela Toba, presentou o Torneo de Baile Deportivo BADEGA, que se celebra esta fin de semana en Compostela.
EQUILIBRIO TERRITORIAL
A próxima semana comezarán as obras de mellora das rúas Picaños, A Estrada e Santas Mariñas
O concelleiro de Medio Rural e Equilibrio Territorial, Rafael Peña, anunciou hoxe o inicio, a próxima semana, das obras de mellora das rúas Picaños, A Estrada e Santas Mariñas. O proxecto, que lle afectará tanto ao pavimento da calzada como ás beirarrúas, conta cun presuposto de 300.000 euros e un prazo de execución de dous meses.
ALCALDÍA
O alcalde agradece o apoio do ministro de Fomento á proposta de darlle ao aeroporto o nome de Rosalía de Castro
O alcalde mostrou hoxe a súa satisfacción polo apoio do ministro de Fomento ao cambio de denominación do aeroporto de Santiago, apoio expresado na reunión que Íñigo de la Serna mantivo onte co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. Este respaldo é fundamental para que a terminal acabe levando o nome de Rosalía de Castro, porque é Fomento quen ten a competencia sobre os aeroportos.
CONSORCIO
A RFG celebra ese xoves o seu concerto semanal, baixo a batuta do director polaco Michal Nesterowicz
A Real Filharmonía de Galicia celebra o seu concerto semanal de abono este xoves 2 de febreiro, ás 20:30 horas, no Auditorio de Galicia. A batuta levaraa o mestre polaco Michal Nesterowicz.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Reunida a Comisión Tripartita para analizar a prestación do servizo de comedor escolar
O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, reuniu esta mañá ás Anpas e á empresa encargada do servizo de comedor escolar no Concello de Santiago, Serunion, para avaliar a prestación do servizo e recoller suxestións e melloras para conseguir unha maior calidade. Na xuntanza de hoxe comprobouse que se está cumprindo escrupulosamente o prego.
SAÚDE
O Consello Municipal de Saúde solicita a comparecencia do xerente da área sanitaria
O Consello Municipal de Saúde mantivo onte pola tarde unha xuntanza extraordinaria para dar cumprimento a un acordo plenario no que se amosaba a preocupación da Corporación pola saturación na área sanitaria de Compostela.