CULTURA
Loquillo y los Trogloditas e Ocean Colour Scene, próximas citas do Compostela Rock
Loquillo y los Trogloditas presentan o seu novo disco, La nave de los locos, o venres 19 de abril, ás 21:30 horas, no Auditorio de Galicia, nunha nova entrega do Compostela Rock. Ao día seguinte, tamén dentro deste ciclo e na Sala Capitol, ás 20:00 horas, actuación de Ocean Colour Scene.
BENESTAR SOCIAL
Os concellos e a Xunta e colaboran na posta en marcha do convenio de desafiuzamentos
A concelleira de Benestar Social, María Castelao, asistiu a unha reunión explicativa sobre o contido e desenvolvemento do convenio que a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) vén de asinar coa Xunta e o Consello Xeral do Poder Xudicial para actuar de forma preventiva ante causas de desafiuzamentos.
ALCALDÍA
Reunión do alcalde coa Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC
O alcalde compostelán, Ángel Currás, reuniuse en Raxoi cos representantes da Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC.
BENESTAR SOCIAL
Homenaxe no CABES á ex concelleira de Benestar Social, Paula Prado
A ex concelleira de Benestar Social, Paula Prado, recibiu unha homenaxe organizada pola Asociación de Persoas con Discapacidade de Compostela. A este acto, celebrado na Casa das Asociacións de Benestar Social (CABES), en Salgueiriños, sumouse a súa sucesora no cargo, María Castelao.
PARTICIPACIÓN CIDADÁ E CENTROS SOCIOCULTURAIS
Ruta didáctica polas parroquias de Villestro, Figueiras e A Peregrina
Celebrouse unha nova ruta didáctica do programa Cultura Viva. Fai túa Compostela, promovido pola Concellaría de Centros Socioculturais e Participación Cidadá. Un microbús con 20 participantes partiu da Casa das Asociacións de Cornes para realizar a ruta denominada "Parroquias II, Villestro, Figueiras e A Peregrina". O concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya, sumouse a esta visita guiada.
EDUCACIÓN E NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
Os escolares de catro colexios da cidade amosan as súas capacidades escénicas no Certame de Teatro Intercentros
As concelleiras de Xuventude e Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, e de Educación, María Castelao, asistiron á sesión do Certame de Teatro Intercentros, organizado pola Coordinadora Comarcal de Normalización Lingüística e o Concello. Participaron catro centros de primaria da cidade: López Ferreiro, San Jorge, Lamas de Abade e Vite.
PARTICIPACIÓN CIDADÁ
Participación Cidadá propón nove opcións de viaxe para as parroquias do rural nunha nova edición de "Imos coa asociación"
O concelleiro de Participación Cidadá, Francisco Noya, presentou unha nova edición do programa Imos coa asociación, que pon a disposición das parroquias do rural unha oferta específica de excursións organizadas. Os percorridos teñen un dobre obxectivo: dar a coñecer a riqueza patrimonial de Galicia e Portugal e atender a demanda veciñal deste tipo de viaxes.
DEPORTES
I Compostela BTT, marcha cicloturista de 50 quilómetros polos arredores de Santiago
O Campus Sur acollerá a saída e chegada da I Compostela BTT, organizada polo Club BTT Ultreia e o Concello de Santiago. Esta marcha cicloturista celebrarase o domingo 12 de maio a partir das 9:30 horas.
XUVENTUDE
Xuventude organiza as I Xornadas de Emprendemento e Promoción do Emprego
A concelleira de Xuventude, Rebeca Domínguez, presentou as Xornadas de Emprendemento e Promoción do Emprego "Os xoves emprende", organizadas polo Concello e Junior Empresa de Santiago (Jemsa). A súa presidenta, Adriana Martínez, e o seu tesoureiro, Jesús Vázquez, acompañaron a edil na rolda de prensa.
CULTURA
O pianista cubano Roberto Fonseca chega ao Principal da man do Ciclo 1906 Jazz
O pianista Roberto Fonseca declara abertamente que en YO (Jazz Village, 2012) atoparémonos con "todas estas ideas que gardaba nun recuncho da miña cabeza, sen ter a oportunidade de levalas a cabo". Esas ideas plasmaraas nun concerto, dentro do Ciclo 1906 de Jazz, o xoves 18 de abril, ás 21:00 horas, no Teatro Principal. As entradas, a 12 (anticipada) e 15 euros (billeteira), están a venda na billeteira do Teatro Principal, en entradas.novagaliciabanco.es e no 902 434 443.