EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Apertura dos prazos de admisión e matrícula na Escola Municipal de Música
A Xunta de Goberno aprobou os prazos de reserva de praza de alumnado actual, preinscrición e matrícula de novo alumnado na Escola Municipal de Música para o curso 2017-2018.
DEPORTE
O I Santiago Football Camp perfeccionará a práctica do fútbol americano entre deportistas galegos
A concelleira de Deporte, Noa Morales, presentou esta mañá o I Santiago Football Camp de fútbol americano, que se celebrará no campo de Marrozos este sábado 18 de marzo, en horario de 9:00 a 17:30 horas. Na rolda estivo acompañada dos adestradores dos Santiago Black Ravens, José Jiménez, e dos Reus Imperials, Bart Iaccarino.
XUNTA DE GOBERNO
O Executivo local intenta captar 1,5 millóns de euros para un programa de emprego dirixido á mocidade
O Goberno local intentará captar máis de 1,5 millóns de euros de fondos europeos, para a posta en marcha dun plan de emprego dirixido á mocidade. Así se acordou na Xunta de Goberno desta mañá. O programa Mocidade con Emprego desenvolveríase no período 2017-2020.
IGUALDADE
O Concello e a Plataforma de Galeras homenaxean ás lavandeiras compostelás
As concelleiras de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo e de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Marta Lois e Concha Fernández, respectivamente, acudiron esta mañá ao parque de Galeras para descubrir o panel que homenaxeará ás lavandeiras compostelás.
COMERCIO
Arranca a segunda edición do programa de dinamización comercial "Con B de Barrio"
A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, presentou hoxe unha nova edición do programa Con B de Barrio, para a dinamización do pequeno comercio. O obxectivo desta iniciativa pasa por apoiar, dinamizar e estimular o pequeno comercio de barrio. Na rolda estivo acompañada de Ángel González, de Edan Xestión.
POLÍTICAS SOCIAIS
Entregados os diplomas do programa "Compostela Convive" de inclusión social
O edificio Cersia acolleu a entrega de diplomas do programa Compostela Convive de inclusión social, que organiza a Concellaría de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde. Foron seis as persoas que recibiron este recoñecemento de mans da concelleira Concha Fernández e do presidente da Plataforma polo Emprego, Miguel Fernández.
PLENO
Aprobado o estudo de detalle que permitirá construír un aparcadoiro nas proximidades do Hospital Clínico
O Pleno da Corporación aprobou este xoves, por unanimidade, unha proposta do Goberno para o cambio na ordenanza de usos dunha parcela municipal situada no contorno do Hospital Clínico, que permitirá construír neste ámbito un novo aparcadoiro público. A proposta, que xa non se debateu por acordo da Xunta de Voceiros, súmase a outra modificación xa tramitada para que as parcelas do grupo de vivendas de San Ignacio de Loyola volvan ter uso residencial, unha vez desbotada a posibilidade de que a nova Facultade de Medicina se constrúa...
ESPAZOS CIDADÁNS
Jorge Duarte confía en que as obras de reforma da avenida de Vilagarcía comecen despois do verán
O concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade presentou hoxe o proxecto reformado da repavimentación da avenida de Vilagarcía, que sairá a licitación nas próximas semanas cun orzamento de case medio millón de euros. Jorge Duarte sinalou que as previsións apuntan a que estas obras poidan arrancar despois do verán.
CULTURA E PATRIMONIO
Santiago acollerá o 29 de abril un concerto do IV ciclo "Música de Cámara nas Cidades Patrimonio da Humanidade de España"
O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, asistiu na sede da Fundación Albéniz, en Madrid, á renovación do convenio de colaboración entre a Fundación Albéniz/Escuela de Música Reina Sofía e o Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España. No acto interviñeron a presidenta da Fundación Albéniz, Paloma O’Shea; o presidente da Comisión de Cultura do Grupo e alcalde de Cuenca, Ángel Mariscal; e o alcalde de Ávila, José Luis Rivas. Asistiron...
TURISMO
O domingo remata o prazo para que restaurantes e cafeterías se inscriban en Santiago Paixón Doce
A segunda edición de Santiago Paixón Doce, programa gastronómico que naceu no 2016 baixo a marca de Compostela Gastronómica coa idea de promocionar como atractivo turístico a tradición larpeira da cidade, celebrarase este ano do 7 ao 17 de abril, coincidindo coa Semana Santa.