IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio para condenar o último asasinato machista, acontecido este pasado domingo en Santa Cruz de Tenerife.
ACCIÓN CULTURAL
Encontro "A Cor das Palabras" coa cineasta galega Diana Toucedo
O ciclo A Cor das Palabras, organizado polo Concello de Santiago en colaboración co Cinema Numax, regresa neste 2019 coa visita dun dos grandes talentos do Novo Cinema Galego: Diana Toucedo. A cita é o domingo 10 de febreiro ás 11:30 horas, con entrada de balde. Pódese reservar praza escribindo a acordaspalabras@santiagodecompostela.gal.
LINGUA
Santiago, Ames e Teo crean un directorio de empresas que traballan en galego
Os concellos de Santiago, Ames e Teo poñen en marcha o proxecto #Galegoempresas, un directorio de empresas radicadas nos tres municipios que ofrezan produtos e servizos en galego. O obxectivo é "poñer en valor aqueles negocios nos que a nosa lingua adquire visibilidade, e facer un recoñecemento á calidade na atención por parte destes negocios", apuntou o alcalde, Martiño Noriega, na presentación da iniciativa.
DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO
Amio acolle a cuarta edición do Salón CarOutlet Santiago con ofertas en 400 vehículos de ocasión
A concelleira María Rozas presentou hoxe, co director de Comunicación de Eventos del Motor, Miguel Esqueira, a cuarta edición do Salón Caroutlet Motorocasión Santiago, que chega esta fin de semana a Amio con 400 vehículos de ocasión.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Sesións didácticas da Escola Municipal de Música nos centros educativos
Este martes comezou o 9º Ciclo de Sesións Didácticas que a Escola Municipal de Música de Santiago vén realizando nos centros de ensino de Compostela. "Quen é quen. Os instrumentos que viven na EMM" é o título deste programa, que se desenvolverá durante o mes de febreiro.
CONSORCIO
A RFG ofrecerá este venres un concerto para nenos/as e familias que servirá de apoio á Asociación de Empresas de Inserción de Galicia
A Real Filharmonía de Galicia celebra este venres, 8 de febreiro, un novo concerto dentro do proxecto RFG Solidaria, centrado na colaboración con varias ONGs galegas e da cidade que loitan por diferentes causas. Este concerto familiar estará dedicado a visibilizar o traballo que realiza a Asociación de Empresas de Inserción de Galicia (AEIGA).
TURISMO
Uns 50 xenerais infantís participarán nos atranques do Entroido da Ulla
Preto de 25 lugares e parroquias da Comarca da Ulla acollerán este ano altos ou atranques do Entroido sos Xenerais da Ulla. Diversas asociacións veciñais e comisións de festas organizan cada ano esta Festa, declarada de Interese Turístico de Galicia no ano 2013, e contan coa colaboración conxunta dos concellos de A Estrada, Boqueixón, Santiago, Silleda, Teo, Touro, Vedra e Vila de Cruces.
CONSORCIO
A violoncellista principal da Orquestra de RTVE, Suzana Stefanovic, formará neste instrumento a novos talentos galegos
A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM), con sede en Santiago de Compostela, dispón dun programa de formación permanente dirixido a intérpretes novos. No marco deste proxecto, ofrécese a posibilidade de asistir ao longo do ano a unha serie de clases maxistrais que imparten solistas de prestixio internacional.
ALCALDÍA
O alcalde asiste ao acto de posta en funcionamento da variante de Aradas
O alcalde, Martiño Noriega, participou hoxe no acto de posta en funcionamento da variante de Aradas, que abrirá ao tráfico esta tarde. A infraestrutura construída pola Xunta comunica o Polígono do Tambre coa estrada de Santa Comba, e supuxo un investimento de 6,3 millóns de euros.
CONSORCIO
O pianista coreano Kun-Woo Paik toca esta semana coa Real Filharmonía o "Concerto para piano" de Ravel
A Real Filharmonía de Galicia celebra esta semana tres concertos. O primeiro será o mércores 6 no Teatro Afundación de Vigo, ás 20:00 horas, dentro da temporada de música clásica da Sociedade Filharmónica de Vigo e Afundación. O xoves 7, a orquestra tocará en Santiago, no Auditorio de Galicia, ás 20:30 horas, no marco da súa temporada de abono. E o venres 8 repetirase parte da actuación para o público infantil e familiar dentro do ciclo Descubre unha orquestra para ti, a túa!, que...