POLITICAS SOCIAIS E SAÚDE

Un centenar de persoas realizan o último tramo do Camiño co fin de impulsar a investigación sobre enfermidades raras

15/03/2023

Un centenar de persoas percorreron hoxe o último tramo do Camiño de Santiago, catro quilómetros entre o monte do Gozo e a praza do Obradoiro, onde os recibiu o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo. Todas elas, familiares ou persoas que sufren algunha enfermidade rara ou ultra-rara, camiñaron por un obxectivo común, visibilizar estas patoloxías e impulsar a investigación na procura de tratamentos eficaces.

Ler máis

CENTROS SOCIOCULTURAIS

A Rede de CSC lanza o espectáculo "Viva Vivaldi" dos Monicreques de Kukas e a acción artística participativa "O Museo Máis Pequeno da Cidade"

14/03/2023

A concelleira de Centros Socioculturais, Mercedes Rosón, presentou esta mañá o espectáculo "Viva Vivaldi", a cargo da compañía Os Monicreques de Kukas, que arrancará o vindeiro 17 de marzo no Centro Sociocultural das Fontiñas e percorrerá varios centros da cidade. Na rolda de prensa, acompañaron á edila, Marcelino de Santiago e Isabel Rei Pousada, fundadores da mítica compañía. Esta mañá tamén se presentou "O Museo Máis Pequeno da Cidade", unha...

Ler máis

EDUCACIÓN

A Escola Municipal de Música organiza novas sesións didácticas dentro do XII ciclo "Quen é quen: os instrumentos que viven na Escola Municipal de Música"

14/03/2023

Hoxe arranca un novo ciclo de sesións didácticas da Escola Municipal de Música no marco do programa "Quen é quen: os instrumentos que viven na EMM". Neste ciclo de concertos que se desenvolverá en catro sesións, participarán máis de 340 escolares de Santiago. O concelleiro de Educación, Rubén Prol, visitou esta mañá o auditorio da EMM,para asistir ao primeiro concerto, dirixido ao alumnado dos CEIP Apóstolo Santiago e Ramón Cabanillas.

Ler máis

SEGURIDADE CIDADÁ

A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Santiago celebra o seu 27 aniversario

13/03/2023

O Pazo de Raxoi acolleu esta tarde un acto de homenaxe ao que asistiu unha representación dos 80 membros en activo da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, coincidindo cos seus 27 anos de historia. A recepción contou coa presenza do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, quen os felicitou, destacou o seu labor e lle agradeceu os servizos prestados en todos estes anos.

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno Local dá luz verde á licitación do programa "Colabora e innova no teu barrio"

13/03/2023

A Xunta de Goberno local aprobou hoxe a apertura do procedemento de licitación dos servizos asociados ao programa "Colabora e innova no teu barrio" no marco da operación "Faino Ti", que conta cun investimento de 210.892,18 euros, dividido en tres lotes. Tamén se deu luz verde á licitación da reurbanización da rúa de García Lorca, cun orzamento base de licitación superior ao millón de euros. Dos acordos adoptados informou, en rolda de prensa, o alcalde Xosé Sánchez Bugallo.

Ler máis

AXENDA URBANA 2030

A Axenda Urbana de Santiago reúne aos seis Grupos de Impulso e Seguimento, GIS

13/03/2023

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, presidiu esta tarde, na sede do Consello Económico e Social de Galicia, unha nova xuntanza da Axenda Urbana 2030, co obxecto de revisar as actuacións previstas, actualizar a orde de prioridades e realizar o control da execución das accións deseñadas a través dunha serie de indicadores creados a tal efecto.

Ler máis

BARRIOS E OBRAS

A Xunta de Goberno ten previsto sacar a licitación, este luns, o proxecto de reurbanización da rúa de García Lorca

12/03/2023

A Xunta de Gobierno Local ten previsto sacar a licitación, este luns, 13 de marzo, o expediente denominado "Obras de Reurbanización da rúa García Lorca", que conta cun orzamento base de licitación de 1.052.134,35 euros. Esta actuación, froito do compromiso do Goberno Municipal coa veciñanza do barrio de Vite e da zona de Guadalupe, ten como principais obxectivos a mellora das condicións de accesibilidade; e a substitución, renovación e/ou mellora das instalacións urbanas, como son as redes de abastecemento...

Ler máis

BARRIOS E OBRAS

O Goberno Municipal consensúa coa veciñanza as actuacións de mantemento no barrio das Fontiñas

11/03/2023

O concelleiro de Seguridade Cidadá e Barrios e Obras, Gonzalo Muíños; e a responsable de Medio Ambiente e Parques e Xardíns, Mila Castro;percorreron distintas rúas de Fontiñas xunto a unha representación da Asociación veciñal As Fontes, encabezada polo seu presidente, Luís Meijide, para supervisar o estado do barrio e tomar nota das demandas da veciñanza.

Ler máis
Compartir: