ALCALDÍA
O alcalde tomou nota das inquedanzas dos máis pequenos nun pleno infantil
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, deu a benvida ao Concello aos escolares que participaron nun pleno infantil para conmemorar o Día Internacional dos Dereitos do Neno (20 de novembro), actividade organizada pola Concellería de Servizos Sociais en colaboración con Unicef. Nesta ocasión participaron 25 nenos e nenas do CEIP López Ferreiro e do Colexio M. Peleteiro.
CONSORCIO
Os máis pequenos poderán achegarse á historia da cidade e da súa música en tres novos obradoiros no Museo das Peregrinacións e de Santiago
O Museo das Peregrinacións e de Santiago (sede Praza das Praterías) promove esta fin de semana tres novos obradoiros didácticos para nenos de entre 6 e 12 anos. Os máis pequenos teñen así a oportunidade de achegarse á historia da cidade a través de xogos.
ALCALDÍA
Agustín Hernández cualifica o protocolo para a restauración da Catedral como "unha das mellores noticias que Santiago ten recibido nas últimas décadas"
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, asinou o protocolo para a restauración da Catedral de Santiago xunto co presidente do Goberno, Mariano Rajoy; o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo; e o deán-presidente do Cabido da Catedral, Segundo Pérez. Este acordo compromete unha achega de 17 millóns de euros por parte do Goberno do Estado.
CULTURA
Marcos Nine presenta "A viaxe de Leslie" en Galicia dentro de Cineuropa
O director de Cineuropa, José Luis Losa, presentou esta mañá A viaxe de Leslie acompañado do produtor executivo do filme, Pepe Coira, e da autora da idea orixinal, Daniela Arias-Andreu, que ademais son os guionistas do mesmo. O filme terá a súa estrea en Galicia este venres 21 de novembro, dentro de Cineuropa. Será nun pase ás 18:15 horas no Teatro Principal, ao que se poderá acceder con invitación, que se pode retirar na billeteira do Principal de 15:30 a 22:00 horas.
CULTURA
A sección Panorama Audiovisual Galego, protagonista noutra xornada de Cineuropa
Este venres, Cineuropa dedica unha ampla difusión ao actual e moi recomendable Panorama Audiovisual Galego. Ás 18:15 h, acudirá ao Teatro Principal o cineasta Marcos Nine para presentar e debater sobre A viaxe de Leslie, documental que indaga na misteriosa morte do actor Leslie Howard, que perdeu a vida o 1 de xuño de 1943, ao ser abatido o avión no que viaxaba por cazas alemáns.
CONSORCIO
O trompista británico Martin Owen formará neste instrumento a dez músicos galegos na Escola de Altos Estudos Musicais
A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM), con sede en Santiago de Compostela, dispón dun programa de formación permanente dirixido a intérpretes novos. No marco deste proxecto, ofrécese a posibilidade de asistir ao longo do ano a unha serie de clases maxistrais que imparten solistas de prestixio internacional. A vindeira semana contarase coa presenza do afamado trompista británico Martin Owen. Ademais dos alumnos da Escola, ofrécense dez prazas para músicos externos ao centro.
CONSORCIO
O Consorcio convoca a praza de director técnico da Real Filharmonía de Galicia
O Consorcio de Santiago celebrou esta mañá a súa Comisión Executiva, presidida polo alcalde da cidade e presidente do organismo, Agustín Hernández. Diversos asuntos de trámite administrativo centraron a sesión, como o suplemento de crédito para as obras destinadas á renovación de carpinterías e limpeza da fachada sur do Pazo de Raxoi. Ademais, no programa de exposicións incorporouse a mostra "Gold, green and black", que acolle o Museo das Peregrinacións e de Santiago, centrada en...
ALCALDÍA
O programa municipal de Nadal incorpora unha edición especial de Compostela Gastronómica, o Mercado da Quintana e unha Árbore das Ilusións na praza Roxa
O alcalde compostelán, Agustín Hernández, acompañado das concelleiras de Cultura, María Antón, e de Economía, Reyes Leis, presentou o programa de Nadal, que se iniciará o 5 de decembro co acendido do alumeado. Este ano, súmanse ao calendario destas festas novas propostas, como A Árbore das Ilusións, unha edición especial de Compostela Gastronómica ou o Mercado da Quintana, entre outras.
CULTURA
Concerto do Mississippi Mass Choir dentro dos ciclos Os Grandes do Gospel e Sons’14
O director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, presentou esta mañá Os Grandes do Gospel xunto a Luis Manjarrés, promotor do evento. Na rolda participaron tamén Mario Vega Ramírez, do Teatro Colón da Coruña; Luciano Fernández do Pazo da Cultura de Narón; e Olga Mojón do Teatro Principal de Ourense, todos eles lugares onde tamén haberá concerto dentro desta xira.
DEPORTES
O alcalde reafirma o apoio ao Circuíto CorreSan no marco da promoción municipal da actividade deportiva entre a poboación
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, presidiu na Cidade da Cultura á Gala na que se entregaron os premios do III Circuíto de Carreiras Saudables CorreSan. Recibiron galardóns 74 corredores e corredoras e 11 clubs, centros escolares e equipos populares. Os gañadores absolutos foron, na categoría masculina, Pedro Nimo, e, na feminina, Purificación Bermúdez.