ACCIÓN CULTURAL
Os galegos Atrás Tigre reciben á asturiana Lorena Álvarez no Compostela Conversa do 30 de abril
A asturiana Lorena Álvarez, a rapaza de San Antolín á que cantou Nacho Vegas, e a súa Banda Municipal serán os invitados da banda compostelá Atrás Tigre na segunda sesión de Compostela Conversa, un novo ciclo da Concellaría de Acción Cultural que reúne a artistas con vínculos comúns nun irrepetible concerto dobre. Ambas bandas dialogarán sobre os fíos invisibles que as unen, como o "tradicional sexy", as musas, o pobo e a cidade, o costumbrismo, o humor o surrealismo e...
ALCALDÍA
O alcalde presenta o prego do servizo de centros socioculturais, que "evitará novas sentenzas por cesión ilegal de traballadores"
O alcalde deu conta este luns do inicio da licitación do Servizo de dinamización e mediación sociocultural da rede de centros cívicos do Concello de Santiago, aprobado nunha Xunta de Goberno celebrada o pasado mércores. Martiño Noriega explicou o obxectivo do procedemento é "comezar a ordenar a rede de centros socioculturais e marcar as diferenzas entre os traballadores do Concello e os empregados da empresa concesionaria, para evitar novas sentenzas por cesión ilegal de traballadores".
ALCALDÍA
Santiago e Padrón reforzan os seus lazos na Pascua
Hoxe celebrouse o Día de Santiago en Padrón, como é tradición cada luns de Pascua. O alcalde, Martiño Noriega, encabezou a delegación municipal que se desprazou á vila veciña para celebrar unha xornada que serve para reforzar os lazos de irmandade entre Compostela e Padrón.
CONSORCIO
O pianista francés Eric Le Sage tocará esta semana coa Real Filharmonía de Galicia
A Real Filharmonía de Galicia ofrecerá dous concertos esta semana. O primeiro terá lugar o xoves 20 en Santiago, ás 20:30 horas, na súa sede, o Auditorio de Galicia. E o venres, a agrupación desprazarase a Ferrol, onde tocará no Auditorio Municipal da cidade, tamén ás 20:30 horas. En ambas as actuacións levará a batuta o mestre parisino Fabien Gabel.
TURISMO
O aeroporto de Santiago supera por primeira vez o medio millón de pasaxeiros no primeiro trimestre
O aeroporto de Santiago, que o ano pasado conseguiu o seu máximo histórico superando por primeira vez os dous millóns e medio de pasaxeiros, continuou crecendo no primeiro trimestre deste ano, pese a que o ano pasado a Semana Santa, unha das épocas de maior tráfico no ano, caeu no mes de marzo.
CONSORCIO
O Consorcio saca a concurso a limpeza e a restauración do balcón do claustro do convento do Carme
A Oficina Técnica do Consorcio de Santiago acaba de sacar a concurso a obra de limpeza e restauración do balcón do claustro do convento do Carme, situado na rúa de Santa Clara, por un orzamento global de 47.333,20 euros. As empresas interesadas deberán presentar as súas propostas ata o vindeiro 8 de maio.
IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu unha concentración para condenar o último asasinato machista, que deixou este luns unha vítima en Alquián (Almería).
ESPAZOS CIDADÁNS
Jorge Duarte visita Montero Ríos para explicar as claves da humanización da rúa
O concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade visitou este mércores a rúa de Montero Ríos, para comprobar o estado das obras que se entregarán definitivamente o 25 de abril. Jorge Duarte explicou as claves do proxecto de humanización, "que responde á filosofía de recuperar espazos para a cidadanía e avanzar no calmado de tráfico".
ALCALDÍA
Recepción a unha delegación de Asunción (Paraguai)
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibiu unha delegación da Municipalidade de Asunción (Paraguai), encambezada polo seu concelleiro Orlando Fiorotto.
MEDIO AMBIENTE
Máis de 2.700 persoas visitaron o Centro de Interpretación Ambiental ao longo de 2016
O Centro de Interpretación Ambiental de Compostela, situado en Belvís, recibiu o ano pasado a visita de 2.719 persoas, das que 1.191 formaban parte de visitas escolares. Así se recolle na memoria anual do CIAC, que en 2016 retomou a actividade despois dun ano de parón. O ano pasado, o centro mantivo unha oferta constante, con obradoiros mensuais, roteiros, visitas guiadas e todo tipo de talleres en colaboración con outras entidades e colectivos. Os meses con máis visitas foron xuño e abril, e os de menor actividade foron xaneiro e febreiro.