COMERCIO E TURISMO
Máis de 17.000 persoas patinaron na pista de xeo da Alameda nos dous meses de apertura
A pista de xeo instalada no parque da Alameda pechou as súas portas este domingo. A concelleira de Comercio e Turismo, Reyes Leis, fixo balance da actividade dunha instalación pola que, dende o 12 de decembro ao 16 febreiro, pasaron 17.253 patinadores e patinadoras e case 32.000 visitantes en total.
CONSORCIO
O recoñecido clarinetista Maximiliano Martín impartirá clases a músicos galegos
A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM), con sede en Santiago de Compostela, dispón dun programa de formación permanente dirixido a intérpretes novos. No marco deste proxecto, ofrécese a posibilidade de asistir ao longo do ano a unha serie de clases maxistrais que imparten solistas de prestixio internacional. A vindeira semana o recoñecido trompetista tinerfeño Maximiliano Martín transmitirá os seus coñecementos sobre este instrumento de vento. Ademais dos alumnos da Escola, ofrécense tres prazas para alumnos externos ao...
EDUCACIÓN
O Concello investirá 21.079 euros en reparacións no CEIP Monte dos Postes
A Concellería de Educación vai acometer reparacións urxentes no CEIP Monte dos Postes, que suporán un investimento de 21.079 euros. As obras consistirán fundamentalmente na reparación dun canlón e dos canos das fiestras, resolvendo o problema da entrada de auga en diferentes estanzas do edificio.
ALCALDÍA
O alcalde recibiu a nova xunta directiva da Delegación de Santiago do Colexio de Enxeñeiros Industriais
O alcalde compostelán, Ángel Currás, recibiu a Fernando Blanco Silva e Ernesto Rodríguez Blanco, recentemente elixidos delegado e subdelegado en Santiago do Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia. O obxectivo da visita era a presentación oficial da nova xunta directiva da Delegación e a posta a disposición do Concello da colaboración do Colexio en todas aquelas áreas técnicas para as que están capacitados os enxeñeiros industriais.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Unha viaxe a Ourense e Allariz abre a edición 2014 do programa "Imos de excursión"
A Concellería de Centros Socioculturais abre o prazo de inscrición o martes 18 de febreiro, ás 17:00 horas, para a primeira das excursións do programa municipal Imos de excursión.
ALCALDÍA
O alcalde participou en Tui nunha xornada sobre o Camiño Portugués
O alcalde compostelán, Ángel Currás, participou en Tui nunha xornada sobre o Camiño Portugués a Santiago de Compostela, organizada pola Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal, a Eurocidade Tui-Valença e a Axencia Turismo de Galicia.
XUVENTUDE
Primeira final do Certame SantiAutor
Celebrouse na Sala Sonar a primeira das tres finais do I Certame de Música SantiAutor para artistas noveis, organizado pola Concellería de Xuventude e a devandita sala. Nesta primeira xornada actuaron Fátima Baña, Yeyo, Adán Jorge e Rubén Artabe. A concelleira de Xuventude, Rebeca Domínguez, achegouse ata o concerto.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Chega a Santiago de Compostela a exposición conmemorativa do centenario das escolas oficiais de idiomas
Con motivo do centenario da existencia das escolas oficiais de idiomas, a EOI de Santiago de Compostela, xunto coa Asociación de Profesorado de EOI de Galicia (APEOIGA), programaron a chegada a Galicia da exposición conmemorativa, que leva percorrendo a xeografía española dende o ano 2011. A mostra ficará en Compostela ata o 6 de marzo, antes de continuar o seu periplo por outras vilas e cidades galegas.
XUVENTUDE
Xuventude programa 15 novas accións formativas de febreiro a xullo
A Concellería de Xuventude pon en marcha un novo calendario de actividades formativas entre os meses de febreiro e xullo. Impartiranse cursos en materias como a aprendizaxe de idiomas, a fotografía, a cociña ou a busca de emprego, entre outras. O prazo de matrícula para completar os diferentes cursos xa está aberto.
CENTROS SOCIOCULTURAIS E RELACIÓNS VECIÑAIS
Nova cita co programa "Imos ao baile"
Este sábado 15 de febreiro, a partir das 17:30 horas, o Centro Sociocultural "Agustín Bueno" do Castiñeiriño, acolle unha nova cita co programa Imos ao baile 2104, actividade para maiores promovida polas concellerías de Centros Socioculturais e de Relacións Veciñais.