ALCALDÍA
O Obradoiro acolle unha exposición itinerante sobre as violencias machistas
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, acompañado da concelleira de Igualdade, Marta Lois, e por membros da corporación e patrocinadores da campaña En negro contra as violencias (Gadisa, Paideia, Finsa e Castrosúa), visitaron esta mañá a exposición itinerante sobre as violencias machistas que se pode visitar dende o 16 ata o 26 de novembro. A exposición está patrocinada pola Fundación Paideia e por Finsa.
CONSORCIO
O director estadounidense Erik Nielsen ponse á fronte da Real Filharmonía de Galicia esta semana
A Real Filharmonía de Galicia ofrece esta semana o seu habitual concerto de abono no Auditorio de Galicia, o xoves 22 ás 20:30 horas. A batuta levaraa o mestre estadounidense Erik Nielsen, no que será o seu debut coa RFG. É o actual director titular da Orquesta Sinfónica de Bilbao e director musical do Teatro de Basilea.
ACCIÓN CULTURAL
Chega a Cineuropa o último de László Nemes e Valeria Bruni Tedeschi
Tras se consagrar en Cannes coa escenificación da asfixia envolvente dun campo de exterminio nazi en Fillo de Saúl, László Nemes recorre en Sunsetao mesmo dispositivo de inmersión e ao punto de vista subxectivo do seu protagonista, aquí unha moza que chega á Budapest de comezos do século XX, mentres cae o Imperio Austrohúngaro. Nun marco de forza visual irresistible, Nemes arrisca de novo na narración elíptica, na formulación da investigación desta muller como un percorrido.../em>
ALCALDÍA
Compostela acollerá en marzo a Asemblea Xeral do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega participou este sábado en Cuenca na Asemblea Xeral do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade. Na mesma, entre outros asuntos, acordouse que a vindeira xuntanza de alcaldes e alcaldesas, no mes de marzo, se celebre en Santiago de Compostela. Nesta Asemblea aprobaranse os novos estatutos e o regulamento económico do Grupo.
XUNTA DE GOBERNO
Adxudicadas as obras de renovación da rúa da Batalla de Clavijo
A Xunta de Goberno adxudicou hoxe as obras de renovación dos viarios e beirarrúas da rúa da Batalla de Clavijo e anexas, ás que se van destinar case 360.000 euros. A actuación, da que se encargará a empresa Alcomte Galicia, será financiada con cargo aos fondos europeos do programa ReVive Edusi-Santiago.
XUNTA DE GOBERNO
O Goberno local investirá 300.000 euros na reforma da praza da Constitución
A Xunta de Goberno adxudicou hoxe, á empresa Obras y Servicios Gómez Crespo SL, as obras de reforma do parque da Constitución nas que se van investir algo máis de 300.000 euros. O proxecto permitirá crear un espazo para a práctica do skate de case 1.500 metros cadrados, e porá en valor unha zona que na actualidade está deteriorada e infrautilizada.
ACCIÓN CULTURAL
Cineuropa celebra a traxectoria da actriz Ángela Molina outorgándolle o Premio Cineuropa
Neste segundo sábado de festival, Cineuropa renderá unha necesaria homenaxe ao talento e a forza artística da actriz Ángela Molina, outorgándolle o segundo dos tres premios desta edición. A cerimonia de entrega do premio, que contará coa presenza do alcalde Martiño Noriega, terá lugar ás 20:00 h no Teatro Principal. O acceso é gratuíto previa recollida de convite no despacho de billetes da mesma sede.
ESPAZOS CIDADÁNS
O Concello e o colectivo A Rula colaboran na posta en valor do patrimonio rupestre de Compostela
A Concellaría de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade e o colectivo A Rula celebran o Día Internacional do Patrimonio cunhas visitas nocturnas ao Castriño de Conxo o vindeiro sábado, 17 de novembro. Haberá dúas quendas para realizar o percorrido.
ALCALDÍA
Convocada a XIX edición dos Premios Manuel Beiras
O Concello e a Cámara de Comercio volven xuntar esforzos para recoñecer e poñer en valor as empresas que usan o galego na súa comunicación, coa convocatoria da XIX edición dos Premios Manuel Beiras. Os galardóns veñen acompañados dunha campaña de promoción que xa se empezou a ver polas rúas e establecementos de Compostela, e que pretende chamar a atención sobre a importancia de que "a nosa lingua sexa tamén empregada como lingua de negocios".
PLENO
Aprobada a creación dunha comisión para estudar a xestión da auga
O Pleno da Corporación aprobou hoxe a creación dunha comisión encargada de determinar a forma máis sostible e eficiente de xestionar os servizos de abastecemento de auga e saneamento e depuración de augas residuais. A proposta saíu adiante cos votos a favor de Compostela Aberta e o BNG, mentres que PP e PSOE optaron pola abstención.