ACCIÓN CULTURAL

Santiago celebra o Día das Letras Galegas con actividades variadas

12/05/2022

A concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, presentou esta mañá "Xabón Lagarta", o novo espectáculo que A banda da Loba presentará o próximo luns 16 de maio no Teatro Principal. Este concerto forma parte da programación prevista para o Día das Letras Galegas, que se completará co roteiro "Compostela Exiliada", centrado na figura de Florencio Delgado Gurriarán e doutras personalidades exiliadas; e co recital de poesía "A noite do poeta".

Ler máis

FESTAS

Volven as Festas da Ascensión do 25 ao 29 de maio cun completo programa de actividades para todas as idades

12/05/2022

Despois dun 2020 sen Ascensión e dunha edición reducida no 2021 por mor da pandemia, volven as festas compostelás por excelencia, desde o mércores 25 ata o domingo 29, con concertos, orquestras, monicreques, e en xeral unha gran variedade de actividades para todos as idades e todos os gustos. Ademais, tras dous anos de parón, este ano recuperarase a Festa dos Maiores que terá lugar o próximo sábado 28 no Recinto Ferial de Amio, unha cita social moi aprezada polos nosos maiores; así como a tradicional Feira Cabalar durante a...

Ler máis

TURISMO

Arranca o Paseo Sonoro, no marco do festival O QUE NON SE ESCRIBE

12/05/2022

O concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, a Xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil, e a directora do festival O QUE NON SE ESCRIBE, Aitana Cuétara, inauguraron este xoves o Paseo Sonoro no punto de escoita da Oficina de Turismo de Santiago. A iniciativa, na que colabora Turismo de Santiago, poderá percorrerse ata o 29 de maio e permitirá aos participantes descubrir tesouros sonoros nunha vintena de recunchos do casco histórico.

Ler máis

POLITICAS SOCIAIS E SAÚDE

O alcalde e a concelleira de Políticas Sociais e Saúde visitan a mesa da AECC instalada na Praza Roxa

12/05/2022

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; e a concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro, visitaron este mediodía a mesa da Asociación Española contra o Cancro (AECC) instalada na Praza Roxa, co obxectivo de recaudar fondos para seguir mantendo os seus programas e servizos. Alí, despois de depositar os seus respectivos donativos, interesáronse pola actividade que leva a cabo a entidade, e saúdaron ao presidente da asociación en Compostela, Francisco Pais.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL E TURISMO

O festival O QUE NON SE ESCRIBE arranca mañá en Compostela co ‘Paradís’ de Joana Gomila & Laia Vallès

11/05/2022

A master class do zanfonista Adrià Grandia abrirá a primeira xornada do festival, na que tamén está programada unha palestra arredor do novo mapa que relaciona música tradicional e creación, e que rematará co espectáculo ‘Paradís’ do dúo mallorquí Joana Gomila & Laia Vallés. A partir de mañá tamén será posible xa capturar os tesouros sonoros espallados polo casco vello da cidade. Na selección musical participaron artistas como Rodrigo Cuevas, Alba Carmona ou Refree, entre...

Ler máis

ALCALDÍA

A Axenda Urbana 2030 de Santiago de Compostela inicia o proceso de participación directa da cidadanía a través de formularios en liña

11/05/2022

O alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, e os co-directores executivos do proxecto, María Cadaval e Santiago Lago, deron hoxe a coñecer a nova fase do proceso de elaboración da Axenda Urbana 2030, coa que se inicia un período propositivo aberto a todas as persoas interesadas en participar. Desde hoxe toda a cidadanía poderá facer chegar as súas propostas, opinións ou suxerencias a través da plataforma web e colaborar así na creación deste documento estratéxico para o futuro da cidade.

Ler máis
Compartir: