Unha Praza de Abastos "máis viva": o obxectivo do proxecto de reparación e mantemento do mercado que xa se presentou á cooperativa e a Asuca

18/03/2023

O alcalde destaca o avance en materia de servizos e conectividade no Casco Histórico durante os últimos anos: "ampliouse a rede de fibra óptica, creouse a oficina de urbanismo na Casa Elisa e Jimena, abriuse o Centro Sociocultural Maruxa e Coralia e avanzouse na peatonalización da zona con Mazarelos como gran cambio" destacou Sánchez Bugallo.

Ler máis

MEDIO RURAL

Asinado por todos os grupos da corporación o Pacto polo Rural

18/03/2023

O alcalde anunciou que o próximo luns a Xunta de Goberno local daralle luz verde á creación do Consello de Medio Rural con vistas a poder aprobalo no pleno deste mes de marzo. Sánchez Bugallo que comprometeu ademais a chegada da fibra óptica "aos máis de 200 núcleos do rural antes do 31 de decembro deste ano".

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

O Xardín das Pedras que Falan homenaxea tres novas poetas: Olga Novo, Laura Pugno e Moon Chung Hee

17/03/2023

O Xardín das Pedras que Falan, sito no xardín de Fonseca, conta dende hoxe cos versos de tres novas poetas: Olga Novo, Laura Pugno e Moon Chung Hee. As pedras cos seus textos foron descubertas este mediodía, nun acto presidido polo alcalde. Xosé Sánchez Bugallo felicitounas e sinalou que desde hoxe, "estas tres mulleres excepcionais pasan a formar parte permanente, para sempre, da vida de Santiago, unha cidade de pedra, de terra e de árbores".

Ler máis

ALCALDÍA

O alcalde lamenta o pasamento do humanista Manuel Sánchez Salorio

17/03/2023

"Un coruñés amigo de Santiago", así define o alcalde a Manuel Sánchez Salorio logo do seu pasamento. Sánchez Bugallo quixo destacar o gran traballo do catedrático, doutor honoris causa pola USC, no eido científico pero tamén a súa implicación con Galicia "e moi especialmente con Santiago, como Medalla de Ouro que foi".

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

Compostela acolle unha nova edición do festival Alguén que respira! dedicado á ecopoesía

16/03/2023

O Teatro Principal de Compostela acolle entre o 18 e o 21 de marzo a sexta edición do Respira!, o máis importante acontecemento poético de Galicia. A concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, acompañada por Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística da Xunta e o director do festival, Antón Lopo, presentou esta mañá a programación desta cita xa consolidada do panorama cultural compostelán que abrangue catro días de recitais, música e faladoiro. Toda...

Ler máis

DEPORTES

Máis de 100 judokas daranse cita esta fin de semana no XV Trofeo de Judo Cidade de Santiago

16/03/2023

A concelleira de Deportes, Esther Pedrosa, acompañada por David Neira, delegado comarcal da Federación Galega de Judo e Xaquín Baldomir do judo club base, presentaron esta mañá en rolda de prensa o XV Trofeo "Cidade de Santiago", que reunirá esta fin de semana en Compostela a 108 judokas de Asturias, Castilla y León, Cantabria y Galicia, pertencente á categoría júnior. O domingo tamén terá lugar a iniciativa XOGAJUDO, para achegar esta disciplina a arredor de 300 cativos e cativas.

Ler máis

RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

Preséntase no Concello de Santiago o IV Congreso Nacional Interim Management que terá lugar este venres no Pazo de Congresos de Galicia

16/03/2023

O evento foi presentado esta mañá no Pazo de Raxoi polo concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, acompañado por Pío Iglesias Carrera, presidente da Asociación Española de Interim Management. Durante o Congreso, en cuxa apertura participará o alcalde de Santiago, farase un recoñecemento aos fundadores da Asociación Interim Management España (AIME) polo seu décimo aniversario, unha traxectoria que comezou, precisamente, en Galicia, sede do Congreso.

Ler máis
Compartir: