BENESTAR SOCIAL
O Concello formaliza o reparto de 398.000 euros entre diferentes entidades sociais
A concelleira de Benestar Social, Paula Prado, asinou en Raxoi varios convenios de colaboración coas entidades Fonte da Virxe, Down Compostela, Aspas, Acem, San Vicente de Paúl, Don Bosco, Sarela, Fundación Andrea, TP Galicia e Cruz Vermella. Esta foi a primeira rolda de sinatura de acordos, que continuará nos vindeiros días ata completar a totalidade de convenios, que suman unha achega municipal de 398.000 euros.
COMERCIO
Máis de 70 inscritos na charla "Como aproveitar as oportunidades comerciais en Santiago?"
A Concellería de Comercio e Santiago Centro colaboran na organización dunha acción formativa dentro do programa Santiago Investors Support, que terá lugar o 24 de outubro, ás 20:00 horas, no Hotel Araguaney e que ten coma obxectivo analizar a realidade do comercio en Santiago de Compostela e definir accións que axuden a todos os profesionais do comercio a facer unha mellor xestión do seu negocio. Neste momento xa hai máis de 70 persoas inscritas. A inscrición segue aberta e pode facerse a través de
ALCALDÍA
Inaugurado o VI Encontro Nacional de Xestores de Patrimonio Mundial
O alcalde compostelán, Ángel Currás, inaugurou o VI Encontro Nacional de Xestores de Patrimonio Mundial, xunto coa subdirectora xeral adxunta de Protección do Patrimonio Histórico do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, Esther Rodríguez; e o conselleiro de Educación e Cultura en funcións, Jesús Vázquez. O evento celébrase no Hotel Monumento San Francisco os días 23 e 24 de outubro.
PARTICIPACIÓN CIDADÁ
Novas rutas didácticas do programa "Cultura Viva. Fai túa Compostela"
Continúa o programa educativo de rutas didácticas pola cidade e as parroquias Cultura Viva. Fai túa Compostela, promovido pola Concellaría de Centros Socioculturais e Participación Cidadá.
ALCALDÍA
A mostra "Memoria de Peregrinación" exhibe a riqueza da Europa vertebrada polos camiños a Santiago de Compostela
O alcalde compostelán e presidente do Consorcio, Ángel Currás, e o conselleiro de Cultura e Educación en funcións, Xesús Vázquez, inauguraron a exposición Memoria de Peregrinación. Camiño de Santiago, Primeiro Itinerario Cultural Europeo, que estará aberta ata o 27 de decembro no Museo das Peregrinacións e de Santiago. Precisamente, os días 23 e 24 de outubro son xornadas de portas abertas, para que calquera cidadán ou visitante poida coñecer a mostra de balde.
DEPORTES
Santa Isabel acolle unha xornada para achegar o deporte do judo aos cidadáns
O concelleiro de Deportes, Adrián Varela, presentou a Xornada de Judo que se celebrara o sábado27 de outubro no pavillón municipal de Santa Isabel. Será unha actividade de portas abertas para dar a coñecer e achegar este deporte aos cidadáns de Compostela.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Aberta a inscrición para o Taller de Gravación de Audiolibros do CSC das Fontiñas
A Concellería de Centros Socioculturais comunica que aínda quedan prazas para as dúas entregas do Taller Gravación de Audiolibros, que se celebrarán no Centro Sociocultural das Fontiñas os mércores de novembro e decembro.
TURISMO E URBANISMO
Uns 100 expertos en xestión do patrimonio mundial debaten en Santiago sobre desenvolvemento sostible e entidades locais
As concelleiras de Urbanismo, María Pardo, e de Turismo, Reyes Leis, presentaron o programa do VI Encontro Nacional de Xestores do Patrimonio Mundial. Celébrase no Hotel Monumento San Francisco os días 22, 23 e 24 de outubro, no marco dos actos previstos para celebrar o XXV aniversario da Declaración do Camiño como Primeiro Itinerario Cultural Europeo.
BENESTAR SOCIAL E MOBILIDADE
Os autobuses urbanos levaron lazos rosas e carteis informativos para conmemorar o Día contra o Cancro de Mama
Este venres 19 de outubro celebrouse o Día contra o Cancro de Mama. Con tal motivo, os 40 autobuses urbanos de Santiago levaron lazos rosas e carteis informativos. Ademais, a delegación compostelá da Asociación Española Contra o Cancro (AECC) dispuxo mesas informativas e varios actos destinados a sensibilizar sobre a importancia da prevención.
COMERCIO
Santiago acolle as primeiras Xornadas de Blogs de Moda e Comercio Electrónico
As Primeiras Xornadas de Blogs de Moda e Comercio Electrónico, coas que colabora a Concellería de Comercio, comezaron no CGAC e desenvolveranse durante o venres pola tarde e o sábado pola mañá. Co auditorio do CGAC practicamente completo, demóstrase o interese que estas Xornadas espertan entre xente de negocios, comunicadores e amantes da moda. A concelleira de Comercio, Reyes Leis, participou no acto inaugural.