COMERCIO

Sindo Guinarte destaca, no Congreso Internacional de Cascos Históricos, a aposta do Concello de Santiago polo comercio local

20/10/2022

O concelleiro de Presidencia, Turismo e Relacións Institucionais, Sindo Guinarte, destacou hoxe a aposta do Concello de Santiago pola cidade histórica como espazo de actividade institucional, comercial, turística e residencial; e polo comercio local, reflectida en accións como as axudas directas despois da pandemia ou os Bonos Corazón Compostela para incentivar as compras nos establecementos locais. Foi na inauguración do "X Congreso Internacional de Cascos Históricos. Motores do ocio, turismo e comercio en Europa", organizado por...

Ler máis

PROMOCIÓN ECONÓMICA

O alcalde reafirma a aposta do Concello de Santiago coa economía social e os centros especiais de emprego

20/10/2022

Na apertura do 18 Congreso Nacional de Centros Especiais de Emprego, Xosé Sánchez Bugallo destacou a aposta que se está a facer desde Raxoi no impulso dos centros especiais de emprego, cun concurso que será resolto de forma inminente para adxudicar a unha destas empresas a limpeza e desbroces da cidade. Todo, no ano en que Compostela ostenta a capitalidade española da economía social.

Ler máis

CENTROS SOCIOCULTURAIS

A Casas das Asociacións será a sede dunha xornada sobre Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e calidade de vida

20/10/2022

Unha campioa olímpica, un experto en urbanismo comunitario e unha experta en felicidade achegarán a súa visión sobre o modelo de cidade nunha xornada, que terá lugar o próximo 15 de novembro na Casa das Asociacións de Cornes. O evento, organizado polo Concello de Santiago e a Fundación Kaleidos.Red, está aberto á participación da cidadanía previa inscrición.

Ler máis

TURISMO

Santiago acolle as Xornadas do Mercado Corporativo Español do Spain Convention Bureau

20/10/2022

Turismo de Santiago tamén participa na Shooting Locations Marketplace, que conta coa asistencia de 50 localizadores internacionais para produccións audiovisuais. O concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, e a xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil, presentaron no Pazo de Raxoi dúas accións nas que participa esta semana a entidade municipal de promoción e xestión turística dirixidas a captar segmentos de turistas de alto valor engadido.

Ler máis

DEPORTES

Arrinca a IX edición do Circuíto de Carreiras Saudables "CorreSan" coa proba nocturna polas rúas do casco histórico

19/10/2022

A concelleira de Deportes, Esther Pedrosa, presentou a novena edición do Circuíto de Carreiras Saudables CorreSan, organizado pola Federación Galega de Atletismo co apoio do Concello de Santiago. O programa consta novamente de catro probas, comezando pola nocturna que se celebrará o sábado 5 de novembro polas rúas do casco histórico. A inscrición para a primeira proba, aberta a atletas de todas as idades, poderá facerse ata o 2 de novembro.

Ler máis

MEDIO AMBIENTE

Mila Castro destaca as medidas que o Concello de Santiago está aplicando ante o cambio climático

19/10/2022

A concelleira de Medio Ambiente, e de Políticas Sociais e Saúde, Mila Castro, destacou hoxe a aposta de Santiago pola sustentabilidade e a eficiencia enerxética. Foi na inauguración do "XII Congreso Internacional da Asociación Española de Climatoloxía. Retos do cambio climático: impactos, mitigación e adaptación", que se celebrou esta mañá no Paraninfo da USC.

Ler máis

POLÍTICAS LINGÜÍSTICAS

O Espazo Apego acollerá este sábado a megacolab, unha formación colectiva sobre creación de contidos dixitais en galego

19/10/2022

O proxecto Youtubeiras arranca no Espazo Apego do Concello de Santiago o seu ciclo de formación 2022-2023 co encontro creativo ‘megacolab’ dirixido a creadoras e creadores de contidos dixitais. O programa formativo incluirá tamén visitas a centros de ensino e unha sesión sobre asesoría fiscal orientada á comunidade creadora na Rede. Youtubeiras é unha iniciativa conxunta da que forma parte a Concellería de Políticas Lingüísticas de Santiago, xunto con outros 11 concellos, as tres universidades galegas e a...

Ler máis

MEDIO AMBIENTE

#EuCompost_ela organiza un concerto e unha xincana virtual para achegar a economía circular aos máis novos

19/10/2022

O Concello de Santiago e a Unión de Consumidores de Galicia porán en marcha dúas novas actividades dirixidas ao público infantil e xuvenil no marco do proxecto #EuCompost_ela. Coa xincana virtual e o concerto Compost_Ela Miúda preténdese achegar a economía circular aos máis novos para que adopten hábitos de consumo responsables e de reciclaxe, especialmente agora que se está a introducir na cidade o colector marrón para materia orgánica.

Ler máis

TURISMO

Sindo Guinarte destaca os avances en innovación que está a experimentar Compostela no marco do proxecto Smartiago

18/10/2022

O concelleiro de Presidencia, Turismo e Relacións Institucionais, Sindo Guinarte, referiuse hoxe ao proxecto Smartiago como "exemplo de innovación", na mesa redonda "O turismo da Administración Local- oportunidades da Intelixencia Artificial", enmarcada no "Congreso de Datos e Intelixencia Artificial no Sector Turístico", que se celebra ata mañá en Alcalá de Henares (Madrid) e no que expertos de cidades de toda España comparten experiencias de xestión turística.

Ler máis
Compartir: