XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno aproba a cesión dunha parcela á Consellería de Sanidade para a construción do aparcadoiro do CHUS

20/02/2023

A Xunta de Goberno local acordou hoxe a segregación da parcela municipal que xa alberga o Centro de Investigación de Medicina Molecular (CIMUS) e o Centro de Biomedicina Experimental de Galicia (CEBEGA), para a cesión da superficie restante de de 3.563,53 m2 ao SERGAS co fin de construír un espazo de estacionamento para os usuarios e usuarias do Hospital Clínico. O alcalde deu conta deste e doutros asuntos tratados en Xunta de Goberno nunha rolda de prensa que tivo lugar esta maña.

Ler máis

RELACIÓNS VECIÑAIS

O alcalde reúnese coa veciñanza de Vite

18/02/2023

Sánchez Bugallo reuniuse xunto ao concelleiro de Obras e Mobilidade, Gonzalo Muíños con representantes da AAVV Monte de Deus e veciños da contorna de Vite de Abaixo. Alí puido coñecer de primeira man as deficiencias do barrio e as demandas dos veciños. Entre elas, un incremento da frecuencia horaria dos autobuses que chegan ata a parada sita na intersección entre a rúa Vite de Arriba e Vite de Abaixo, algo que "xa se está estudando desde Tussa para mellorar o servizo" segundo explicou Muíños.

Ler máis

PRAZA DE ABASTOS

O Concello destinará 520.000 euros á posta a punto da Praza de Abastos

17/02/2023

O alcalde presentou esta mañá xunto ao concelleiro de Obras, Gonzalo Muíños, e o xefe do Servizo de Obras, Antonio Ranedo, o proxecto de reparación e mantemento da Praza de Abastos co que se substituirán as marquesiñas, os estores verticais e as portas corredizas das naves. Tamén se renovará a instalación eléctrica da torre e realizaranse actuacións de fontanería para emendar incidencias recorrentes no baño adaptado.

Ler máis

FESTAS E CENTROS SOCIOCULTURAIS

Arrancan as Festas do Entroido este sábado co desfile do Meco e o pregón de Talía Teatro

17/02/2023

O tradicional desfile do Meco dará o pistoletazo de saída a un Entroido que recupera o desfile de disfraces tras o parón pola pandemia. Este sábado ás 20.00 h, o Meco partirá da praza do Obradoiro acompañado polos Conformistas de Conxo, A Ruliña de Laraño e Os Armatroulas de Laraño, ata quedar instalado no Pazo de Bendaña da praza do Toural, dende onte terá lugar o pregón de inicio das festas a cargo de Talía Teatro.

Ler máis

COMERCIO E RELACIÓNS VECIÑAIS

O Concello premia as mellores decoracións de Nadal en escaparates e vivendas particulares

16/02/2023

O CSC do Ensanche acolleu esta tarde ás 19:00 horas un acto de recoñecemento aos gañadores e gañadoras dos concursos de decoración de Nadal Veciñal e de Escaparates de Nadal, iniciativas lanzadas polo Concello de Santiago nas pasadas festas. O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, xunto ao concelleiro de Relacións Veciñais, Gonzalo Muíños e á concelleira de Servizos Sociais, Mila Castro foron os encargados de entregar os premios. Sánchez Bugallo agradeceu a "participación e a...

Ler máis

PLENO

O Pleno aproba de forma definitiva a modificación do PXOM sobre a regulación de usos

16/02/2023

O Pleno aprobou de forma definitiva a modificación puntual do título III do Plan xeral de Ordenación Municipal (PXOM), cuxo obxectivo é preservar a función residencial da cidade, e, ao mesmo tempo, garantir a dotación dos usos e actividades complementarias, entre elas as vivendas de uso turístico ou VUT. Na sesión de hoxe tamén tomou posesión a nova concelleira Begoña Rodríguez.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

Volve o Festival Rosalía ás rúas compostelás para festexar o galego como "o noso superpoder"

15/02/2023

O Festival, que terá lugar o venres 24 e o sábado 25, ofrecerá actividades para todos os públicos, con concertos, paseos literarios, un faladoiro, exposicións de traballos escolares e a feira de produtos rosalianos. O Concello de Santiago colabora nesta iniciativa organizada pola Deputación da Coruña e que se desenvolverá en varios espazos da cidade vella como a praza de Cervantes, o Teatro Principal, o CSC Maruxa e Coralia e o Colexio Maior de Santo Agostiño.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

Redrum Teatro convida ao público a reflexionar sobre os abusos infantís no espectáculo ‘Hamelin’ de Juan Mayorga

15/02/2023

Redrum estrea o seu último traballo o vindeiro 23 de febreiro no Teatro Principal de Compostela, onde repetirá un día despois antes de realizar paradas en Cangas, Pontevedra, A Illa de Arousa, Lugo, Teo e Verín. A obra, dirixida e adaptada por Alex Sampayo, está protagonizada por un elenco de sete intérpretes formado por Guillermo Carbajo, Mónica García, Roberto Leal, Machi Salgado, Belén Constenla, Fran Lareu e Rubén Porto.

Ler máis
Compartir: