XUNTA DE GOBERNO
Iniciado o proceso para acometer novas obras de pavimentación no rural por case 400.000 euros
A Xunta de Goberno acordou hoxe iniciar os procedementos de licitación de dúas actuacións de mellora da pavimentación en parroquias do rural de Santiago, nos dous casos vinculadas ao POS 2016 da Deputación da Coruña. En total, vanse investir máis de 375.000 euros en viarios de 13 parroquias.
TURISMO
Santiago recibe o premio Trivago ao destino con mellor reputación online
A cidade de Santiago recibiu hoxe o premio ao destino con mellor reputación online, que entrega o buscador de prezos de hoteis Trivago. Foi nun acto celebrado no marco da Feira de Internacional de Turismo, Fitur, no que participaron o alcalde, Martiño Noriega; a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois; a xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil; a presidenta de Turismo de Galicia, Nava Castro; e a presidenta da asociación Hostalería Compostela, Sara Santos.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno adxudica o mantemento e reparación das instalacións dependentes do Concello de Santiago
A Xunta de Goberno aprobou hoxe a adxudicación, a Espina y Delfín, do contrato de conservación, reparacións e pequenas reformas en instalacións dependentes do Concello de Santiago. En total, vanse investir máis de 630.000 euros ao longo do ano.
TURISMO
O alcalde e a concelleira de Turismo asisten a Fitur
O alcalde e a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo visitaron hoxe a Feira Internacional de Turismo de Madrid, Fitur 2017. Martiño Noriega e Marta Lois recolleron para Santiago o premio Trivago ao destino con mellor reputación online e participaron en numerosas xuntanzas e presentacións ao longo da xornada.
INNOVACIÓN
Arranca a "Plataforma de Goberno Aberto, Colaborativa e Interoperable" posta en marcha por catro concellos e Red.es
O Concello de Santiago, xunto cos de Madrid, A Coruña e Zaragoza e a entidade pública Red.es, do Ministerio de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital celebraron en Zaragoza a primeira comisión de seguimento que pon en marcha a iniciativa Plataforma de Goberno Aberto, Colaborativa e Interoperable.
DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO
O Concello convoca un curso para persoas que queiran emprender na Praza de Abastos de Santiago
O Concello de Santiago vén de convocar unha acción formativa dirixida preferentemente a persoas que estean valorando emprender ou por en funcionamento unha nova liña de negocio na Praza de Abastos de Santiago de Compostela, e queiran coñecer os procesos de concesión administrativa do uso privativo e normal do dominio público dos locais dispoñibles neste espazo.
DEPORTE
Aberto ata o vindeiro luns o prazo para solicitar praza no Campamento de Esquí de Leitariegos (León)
A concelleira de Deporte, Noa Morales, lembrou esta mañá que ata o luns aínda está aberto o prazo para anotarse na Campaña de Esquí deste 2017, organizada pola Deputación da Coruña en Leitariegos (León).
CONVIVENCIA
Oitocentos rapaces e rapazas pasarán polo parque infantil de tráfico instalado en Amio
O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia visitou hoxe o recinto feiral de Amio, onde se está a celebrar unha nova edición do parque infantil de tráfico que organiza a Policía Local dentro do programa de seguridade viaria Móvete seguro con Moito Olliño.
PLENO
A Corporación municipal solicita que o aeroporto de Lavacolla leve o nome de Rosalía de Castro
O Pleno da Corporación aprobou hoxe unha declaración institucional para instar ao Ministerio de Fomento e a AENA a cambiar a denominación do aeroporto de Santiago, para que pase a chamarse Aeroporto Internacional Rosalía de Castro-Santiago de Compostela-Lavacolla.
PLENO
Luz verde do Pleno ao Pacto Local pola Mobilidade
O Pleno da Corporación aprobou esta tarde unha declaración institucional pola que se lle dá luz verde ao Pacto Local pola Mobilidade. Este documento, consensuado polos catro grupos municipais, é o resultado do traballo que comezou en novembro de 2015 e no que tamén participaron diferentes colectivos da cidade, como asociacións veciñais, de empresarios, ou de taxistas.