FESTAS
As agrupacións Brincadeira, Cantigas e Agarimos, Ultreia e Ponte Vella agasallaranos co mellor folclore
A concelleira de Mocidade, Deportes e Benestar Animal, Noa Morales, presentou esta mañá a 49ª edición da Xornada de Folclore, que reunirá o domingo na praza da Quintana as agrupacións compostelás Brincadeira, Cantigas e Agarimos e Ultreia, e a teense Ponte Vella.
XUNTA DE GOBERNO
Aberto o procedemento de adxudicación do Servizo de Axuda no Fogar
A Xunta de Goberno acordou este venres sacar a licitación o Servizo de Axuda no Fogar, mediante procedemento aberto. A adxudicación farase por un importe máximo autorizado de case catro millóns de euros, IVE incluído, e por un período de dous anos.
FESTAS
Os Fogos do Apóstolo farán un repaso pola tradición das festas ao longo dos séculos
Os Fogos do Apóstolo farán este ano un percorrido polas tradicións vinculadas ás celebracións de Santiago, dende as festas do Cendal coas que se lle rendía homenaxe ao Apóstolo ata finais do século XVII. Así o explicaron hoxe o alcalde, Martiño Noriega, e o director creativo do espectáculo, Javier García, nunha rolda de prensa na que deron os detalles do evento máis agardado das festas. Este ano, a montaxe corre a cargo de Acciona Producciones y Deseño, que á súa vez lle encargou a...
FESTAS
A segunda fin de semana das festas do Apóstolo tráenos a Xornada de Folclore, o Certame Folk e o concerto Territorio das Mulleres
As festas do Apóstolo achéganse ao ecuador cunha fin de semana na que destaca a aposta pola música tradicional e o folclore, combinada coas festas en movemento que ofrece o programa Artellando.
CONSORCIO
A canción "Himno do máxico amor a Compostela" estrearase no especial que emitirá a Televisión de Galicia o 25 de xullo
O vindeiro martes 25 de xullo, Día de Galicia, estrearase o "Himno do máxico amor a Compostela" no programa "Especial 25 de xullo" da Televisión de Galicia, a partir das 22:00 horas, coas voces de Rosa Cedrón e Carolina Rubirosa.
ALCALDÍA
O Concello lembra as persoas represaliadas tras o golpe de Estado de 1936 cun emotivo acto no antigo cárcere da Falcona
O Concello de Santiago quixo lembrar na tarde deste venres o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 e as persoas represaliadas pola dictadura franquista. Así, organizouse un acto na antiga cárcere do Pazo de Raxoi, comunmente coñecida como Falcona, no que participaron María Rozas, tenente de alcalde; Antonio Míguez Macho, representante de Histagra, e Mila Bouzón, da asociación Iniciativa Galega pola Memoria.
FACENDA
O Concello destina 3,3 millóns de euros dos remanentes a máis de 20 obras na cidade e no rural
A concelleira de Economía e Facenda, María Rozas, deu conta hoxe do destino do superávit do exercicio de 2016, que ascende a 7,5 millóns de euros. Deles, 3,3 millóns dedicaranse a máis de 20 obras para o conxunto do municipio.
CONSORCIO
A RFG celebrará 25 concertos na nova temporada, ademais de actuacións gratuítas en espazos singulares e propostas didácticas
A Real Filharmonía de Galicia (RFG) presentou este xoves a nova temporada de abono 2017-2018 na súa sede, o Auditorio de Galicia. Asistiron ao acto o alcalde de Santiago e presidente do Consorcio da cidade, Martiño Noriega; a xerente do organismo interadministrativo, Belén Hernández; o director titular e artístico da orquestra, Paul Daniel; e o director-xerente do Auditorio de Galicia, Xaquín López.
FESTAS
A Quintana acolle a proxección de "Il trovatore" de Verdi a cargo da Orquestra Sinfónica e o Coro do Gran Teatre del Liceu
A variedade de actividades e estilos musicais é unha das características destas festas do Apóstolo, que nos traen un venres de accións dentro do programa Artellando e un concerto de ópera que se proxectará na praza da Quintana.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Os nenos e nenas do programa de conciliación dos centros socioculturais visitaron o Concello
Continúan as actividades do programa Vive o verán, que busca a conciliación laboral e familiar durante o mes de xullo. Durante esta xornada, os nenos e nenas participantes desprazáronse ata o Pazo de Raxoi para coñecer a súa historia e as súas dependencias.