PARQUES E XARDINS

O Goberno Municipal ten previsto aprobar, este luns, dúas actuacións en parques infantís cun investimento superior aos 140.000 euros

25/12/2022

A Xunta de Goberno ten previsto, este luns, adxudicar a subministración e instalación de novos elementos para a renovación e ampliación da área de xogos infantís do parque de Pérez Lugín, por un importe de 56.930,78 euros; e aprobar a licitación do parque infantil da Almáciga por 85.771,82 euros. Estas dúas actuacións do departamento de Parque e Xardíns, que dirixe Mila Castro, contan cun investimento conxunto de 142.702,6 euros.

Ler máis

ALCALDÍA

Sánchez Bugallo reivindica o "orgullo de formar parte da construción de Santiago" ante a representación do tecido asociativo, social e económico de Compostela

23/12/2022

O alcalde de Santiago de Compostela, Sánchez Bugallo, quixo recoñecer o esforzo dos axentes sociais e económicos durante os tres últimos anos, resistindo nos seus respectivos ámbitos a varias crises nas que o Concello soubo estar á altura: "os composteláns debemos sentirnos orgullosos porque xuntos fomos quen de estar ao carón dos máis necesitados, de manter os proxectos troncais da cidade, e apoiar a máis de 1.200 empresas con medidas como os Bonos Corazón". Neste sentido, destacou que o esforzo pagou a...

Ler máis

DEPORTES

Máis de 700 inscricións na IX edición da San Silvestre a cinco días de rematar o prazo

22/12/2022

A concelleira de Deportes, Esther Pedrosa, acompañada polo presidente da Federación Galega de Atletismo, Iván Sanmartín, e o presidente do Club Atletismo Santiago, Alfonso López Menduíña, presentaron en rolda de prensa a novena edición da San Silvestre compostelá, que este ano se disputará conxuntamente co Campionato de Galicia de 5 quilómetros en ruta. A saída da carreira será desde a Avenida de Xoán XXIII e a meta estará ubicada na rúa de San Francisco.

Ler máis

ALCALDÍA

Ourives de Compostela lanzará, en 2023, un selo de calidade para diferenciar os seus produtos

22/12/2022

Este mediodía reuniuse a "Comisión de seguimiento do Plan Estratéxico de Ourives de Compostela". Nesta xuntanza, presidida polo alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, debatéronse as actividades que integran o plan e que se prevén executar no 2023, entre elas, o lanzamento da marca colectiva de calidade "Ourives de Compostela" e a compilación de documentación audiovisual das técnicas de ourives de máis idade. E tamén se fixo balance da exposición "O Esplendor do Camiño, oito...

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

"30 anos facendo camiño" fai un percorrido polos avances acadados polo CIM Santiago na loita contra a violencia de xénero

22/12/2022

A concelleira de Igualdade, Mercedes Rosón, acompañada por Cruz Dafonte, consultora social e autora da obra, e Teresa Furelos, responsable do servizo de Igualdade, presentou esta mañá "30 anos facendo camiño", unha reportaxe audiovisual que fai un percorrido polo traballo realizado polo Centro de Información ás Mulleres (CIM) de Santiago, desde a súa creación en 1991, para combater a violencia de xénero e axudar ás súas vítimas Esta peza será proxectada o vindeiro luns 26 de decembro...

Ler máis

PLENO

O Pleno municipal aproba por unanimidade do Pacto polo Rural

21/12/2022

O Pleno do Concello de Santiago deu hoxe luz verde á aprobación do Pacto polo Rural, un documento que recolle unha serie de accións concretas a implementar entre o 2023 e o 2030 co fin de mellorar o estado actual do rural municipal. Tamén se aprobou o proxecto para a renaturalización, mellora da biodiversidade e consolidación da infraestructura verde da Cidade de Santiago "Entre Sar e Sarela".

Ler máis

POLÍTICAS LINGÜÍSTICAS

Un total de 22 propostas finalistas aspiran a gañar os Premios Youtubeiras 2022 nunha gala de entrega que se celebrará en Carballo o vindeiro 28 de xaneiro

21/12/2022

O xurado, conformado por Mario Brión (Olanxonmario), Alba Rodríguez, Mónica Fernández, Carmen Nieto e Elvira Nercellas, escolleu como finalistas ao premio Youtubeira/o do ano a Anxo Sánchez, Neeumatiko e La Bisonte. ‘Toxío’, ‘Tonio Cociña Galega’ e ‘Fica Coa Bola’ competirán polo galardón á mellor canle. Youtubeiras é unha iniciativa organizada polos servizos de normalización lingüística de doce concellos, entre eles Santiago de Compostela; polas tres universidades galegas e pola Deputación...

Ler máis
Compartir: