PROMOCIÓN ECONÓMICA

Arrancan os Encontros Emprendedores no marco da Axenda Urbana 2030

23/02/2023

A Axenda Urbana de Santiago continúa o seu programa de participación cidadá coa posta en marcha do ciclo Encontros Emprendedores. A primeira das citas terá lugar o martes 28 de febreiro de 10.00 a 12.00 horas e levará por título 'Territorio, paisaxe e diversidade. Dinamizando colectivamente o territorio a través da arte'.

Ler máis

MODERNIZACIÓN DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

O Concello contará cunha xestión contable 100% electrónica

22/02/2023

O Concello de Santiago implantará nos vindeiros meses unha nova aplicación informática que permitirá unha xestión integral de facturas desde o momento da súa presentación ata o seu pagamento, evitando a xestión manual. Esta nova solución web permitirá coñecer en todo momento a situación na que se atopa a factura e a integración desta xestión con outros procesos administrativos.

Ler máis

DEPORTES

Santiago acolle o vindeiro sábado a celebración do Campionato Galego Infantil de Karate

22/02/2023

O próximo sábado, 25 de febreiro, o pavillón municipal de Santa Isabel acollerá a celebración do Campionato Galego Infantil da tempada 2022-2023, no que colabora o Concello de Santiago, coa participación de 279 deportistas das categorías benxamín (ata 7 anos), alevín (8 e 9 anos), infantil (10 e 11 anos), xuvenil (12 e 13 anos) e cadete (nados no ano 2009). A competición foi presentada esta mañá nunha rolda de prensa coa concelleira de Deportes, Esther Pedrosa, e o presidente da Federación Galega de...

Ler máis

ALCALDÍA

A praza do Obradoiro acollerá este venres cinco minutos de silencio en solidariedade co pobo ucraíno tras un ano de guerra

22/02/2023

O Concello de Santiago convoca para este venres 24 de febreiro ás 12.30 h un acto de cinco minutos de silencio en solidariedade co pobo ucraíno, cando se cumpre un ano desde o comezo da agresión rusa. Todas aquelas persoas que o desexen poderán unirse a esta homenaxe, que contará coa actuación da Banda Municipal de Música de Santiago.

Ler máis

POLÍTICAS SOCIAIS

A Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas e a UAMI traen a Santiago a obra 'Bajo el mismo sol'

22/02/2023

O Teatro Principal acollerá o vindeiro domingo 26 de febreiro, ás 18.30 horas, a peza de teatro 'Bajo el mismo sol', que constitúe un símbolo na loita contra o racismo e a discriminación política e social contra as persoas migrantes e racializadas. Esta cita cultural está promovida pola Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas, en colaboración co Concello de Santiago, coincidindo coa celebración do seu sétimo aniversario.

Ler máis

FESTAS

A carroza "Oroso West" e a comparsa "As 150 do Cornes-Carril" gañan o concurso do desfile do Entroido

21/02/2023

Compostela viviu o día grande do Entroido con tradicional desfile polas rúas da cidade. Os participantes concentráronse na avenida de Ferrol para logo desfilar polas rúas de Frei Rosendo Salvado, praza Roxa, República do Salvador, Hórreo, Senra e avenida de Xoán Carlos I. A entrega de premios celebrouse na Sala Capitol, coa presenza do alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, e doutros integrantes da Corporación municipal.

Ler máis

ALCALDÍA

O alcalde de Santiago recibe a nova presidenta da Cámara de Comercio, María Pais

21/02/2023

Xosé Sánchez Bugallo mantivo un encontro esta mañá no Pazo de Raxoi coa nova presidenta da Cámara de Comercio de Santiago, María Pais, no que trataron temas de interese para as empresas locais como a axilización da xestión de licenzas, o desenvolvemento de infraestruturas estratéxicas, a continua mellora dos servizos públicos da cidade ou a implantación de novas empresas.

Ler máis

SEGURIDADE CIDADÁ

A Policía Local de Santiago celebra mañá o seu 175 aniversario nun acto no que se fará entrega das medallas de permanencia aos axentes con máis de 30 anos de servizo

21/02/2023

O Auditorio de Galicia será mañá, a partir das 18:00 horas, o escenario do acto conmemorativo do 175 aniversario da Policía Local de Santiago, que reunirá a numerosos representantes institucionais e dos distintos corpos e forzas de seguridade. Durante o evento farase entrega das medallas de permanencia a 55 axentes que forman parte da Policía Local desde hai más de 30 anos.

Ler máis
Compartir: