TURISMO
A segunda edición de Fairway, Forum do Camiño de Santiago, reunirá desde este domingo aos profesionais que traballan arredor das súas rutas
A segunda edición de Fairway, Forum do Camiño de Santiago, celebrarase no Palacio de Congresos e Exposicións de Compostela entre o domingo 12 e o martes 14 de novembro, coa meta de ser o punto de encontro de todos os profesionais e interesados ao redor das súas rutas.
ACCIÓN CULTURAL
O novo filme do realizador alemán Fatih Akin chega este venres a Cineuropa
Fatih Akin, gañador do Oso de Ouro de Berlín en 2004 por Contra a parede, é un dos habituais en Cineuropa. Con In the fade, este realizador alemán de ascendencia turca propón unha historia sobre a vinganza dunha muller cuxa familia foi destruída polo terrorismo neonazi. A acción apóiase esencialmente na excelente Diane Kruger que, grazas a este papel que reestrutura o xénero de vinganza habitualmente masculino, foi merecedora do premio á mellor actriz en Cannes 2017. A cita co último Fatih.../em>
ALCALDÍA
Compostela acolle este venres a Asemblea Xeral da Asociación de Municipios do Camiño de Santiago
A Asociación de Municipios do Camiño de Santiago (AMCS) celebrará a súa Asemblea Xeral mañá venres en Santiago. A axenda da xornada dará comezo ás 9:00 no Hostal dos Reis Católicos, cunha Xunta Directiva da entidade que será presidida polo alcalde de Santiago, Martiño Noriega.
IGUALDADE
Aberta a Casa das Mulleres "Xohana Torres", un espazo de encontro e empoderamento feminista
A veciñana de Compostela asistiu esta tarde á inauguración da Casa das Mulleres "Xohana Torres", situada na rúa Bernardo Barreiro. Trátase dun espazo pedido dende hai moitos anos polos colectivos feministas e de mulleres. Busca ser un lugar de empoderamento e de transformación social, tendo por obxectivo o traballo por unha sociedade igualitaria.
CONSORCIO
A RFG pon en directo a banda sonora aos filmes mudos "Carmen", de Cecil B. DeMille, e "Parodia de Carmen", de Charles Chaplin
No marco da 31ª edición do festival Cineuropa, mañá xoves proxectaranse os filmes Carmen, de Cecil B. DeMille, e Parodia de Carmen, de Charles Chaplin. Será ás 20:30 horas no Auditorio de Galicia. De maneira simultánea á proxección destas películas mudas, a Real Filharmonía de Galicia interpretará en directo as súas bandas sonoras. A batuta levaraa o director e compositor estadounidense, experto en cinema mudo, Timothy Brock, autor ademais da música do filme de Chaplin. E.../em>
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
En marcha o XIV Simposio "O libro e a lectura"
Este mércores comezou na Sede Afundación de Santiago o XIV Simposio "O libro e a lectura. O libro ilustrado: outra forma de ler?", organizado pola Concellaría de Educación e Cidadanía e a Asociación Galega de Editores (AGE), coa colaboración da Asociación de Autores e Editores de Libros, Revistas, Periódicos e Partitura (CEDRO) e a Deputación da Coruña. Neste encontro, que terá outra xornada mañá xoves, debátese sobre a importancia do libro ilustrado e a ilustración como...
CENTROS CÍVICOS
O Centro Cívico do Romaño-Vista Alegre abre as súas portas
O Centro Cívico do Romaño-Vista Alegre abriu as súas portas este mércores cun acto inaugural presidido polo alcalde, Martiño Noriega. Pola mañá, a concelleira de Centros Cívicos, Concha Fernández, visitara o edificio acompañada por un dos arquitectos autores do proxecto, Gonzalo Alonso, e polo presidente da asociación de veciños do barrio, Juan Pena.
DEPORTE
San Lázaro será este domingo o escenario do XVII Trofeo Concello de Santiago de Ciclocross
A concelleira de Deportes, Noa Morales, presentou este martes os detalles do XVII Trofeo de Ciclocross Concello de Santiago, que terá lugar este domingo, 12 de novembro, nos exteriores do Estadio Municipal de San Lázaro. Na rolda de prensa estivo acompañada do presidente da Federación Galega de Ciclismo, Juan Carlos Muñiz, e do presidente do Club Ciclista Muebles Compostela, Manuel Paz.
ACCIÓN CULTURAL
"Jeune femme", "The party", e a Real Filharmonía protagonizan a terceira xornada de Cineuropa
O Teatro Principal acollerá ás 20:00 horas a estrea da fita premiada como mellor ópera prima (Un Certain Regard) en Cannes 2017. Trátase do filme de Léonor Serraille Jeune femme (Montparnasse bienvenue), unha deliciosa "dramedia" cuxo peso recae principalmente na impecable interpretación da actriz Laetitia Dosh, quen dá vida á personaxe protagonista.
ALCALDÍA
Un recital, charlas, música e vídeo para inaugurar este xoves a Casa das Mulleres "Xohana Torres"
A Casa das Mulleres "Xohana Torres" será aberta ao público mañá xoves nun acto presentado pola poeta e actriz Lara Rozados e ao que asistirán asistirán o alcalde, Martiño Noriega, e a concelleira de Igualdade, Marta Lois. Estará presente tamén Andrea Ellacuría Torres, filla de Xohana Torres, de quen a Casa toma o nome. Haberá un recital con poetas galegas, unha charla, música e a proxección do traballo As donas dos mapas. O programa arrancará ás 18:00 horas.