IGUALDADE

O manifesto municipal do 25N reitera o compromiso de todos os grupos de "seguir traballando conxuntamente visibilizando, concienciando e rexeitando a violencia machista ata a súa erradicación"

25/11/2022

A praza do Obradoiro acolleu esta mañá o acto principal do Concello de Santiago con motivo da celebración do 25 N, Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres, no que se leu o manifesto institucional asinado polos catro grupos con representación na corporación.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

A Banda de Música estrea este domingo as tres obras finalistas do I Concurso de Composición e desvelará a gañadora ao remate do concerto

25/11/2022

Este vindeiro domingo día 27 de novembro de 2022 ás 12:00h, no Teatro Principal, a Banda de Música Municipal de Santiago de Compostela, dentro da temporada SonArte, vai interpretar un concerto baixo o título de "A banda sonora compostelá". Este concerto é a estrea absoluta das tres obras finalistas do I Concurso de Composición da BMSC e a obra gañadora desvelarse ao final do acto.

Ler máis

FESTAS

"Tronará" por Santa Bárbara en Compostela cun espectáculo pirotécnico da man da Asociación Española da Pirotecnia

24/11/2022

A Asemblea Anual da Asociación Española de Pirotecnia (Aepiro) celebrarase este ano en Santiago de Compostela o sábado 3 de decembro. No marco desta reunión de traballo que escolle a capital de Galicia como escenario no remate do Ano Santo, Aepiro, en colaboración coa Asociación Galega de Industriais Pirotécnicos (AGIP), o Concello de Santiago e a Deputación da Coruña, ofrecerá un espectáculo pirotécnico de case 10 minutos desde a Alameda ao remate da xornada.

Ler máis

EMPREGO

O Foro Talentia Summit pon fin a unha nova edición da feira do talento e o emprego que acadou cifras récord

24/11/2022

O auditorio do Edificio Fontán da Cidade da Cultura acolleu o Foro Talentia Summit ’22, broche final da feira de talento e emprego que neste 2022 se desenvolveu do 14 ao 18 de novembro. O acto estivo presidido polo alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e contou coa presenza do delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, e da conselleira de Promoción de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, María Jesús Lorenzana. O talento artístico tivo a súa representación en Fredi Leis, músico e compositor...

Ler máis

EMPREGO E MEDIO AMBIENTE

A Alameda de Santiago conta dende hoxe con cinco olmos resistentes ao fungo da grafiose

24/11/2022

A concelleira de Medio Ambiente, Mila Castro, participou esta mañá nunha plantación especial que se levou a cabo na Alameda compostelá: cinco ulmeiros que, grazas ao traballo de investigación do catedrático Luís Gil, ponente no Foro Talentia que se celebrará esta tarde, son resistentes ao fungo que provoca grafiose, unha patoloxía que case levou esta especie á desaparición.

Ler máis

EDUCACIÓN

As escolas municipais infantís ofertan as últimas prazas dispoñibles para os obradoiros de conciliación

23/11/2022

As familias interesadas aínda están a tempo de solicitar unha praza nos obradoiros de conciliación das escolas infantís de Conxo, Fontiñas e Meixonfrío-Salgueiriños. Un ano máis, o Concello de Santiago pon en marcha esta actividade dirixida a nenos e nenas entre os 3 e os 8 anos cuxo obxectivo é axudar ás familias a conciliar a vida laboral e persoal nos períodos non lectivos e extraescolares. Ademais, desde o pasado mes de setembro os solicitantes poden beneficiarse da importante redución das tarifas...

Ler máis

TURISMO

Santiago(é)Tapas dá a coñecer os seus dez locais finalistas

23/11/2022

Xa está todo listo para a gala de entrega de premios do XIV Santiago(é)Tapas, que se celebrará o próximo luns, 28 de novembro, ás 20.00 horas na Sala Mozart do Auditorio de Galicia. Un acto no que, ademais de coñecer as tapas gañadoras en cada unha das categorías participantes, farase entrega da chaqueta curta oficial do concurso aos dez locais que obtiveron unha maior puntuación entre o voto do público e do xurado profesional.

Ler máis
Compartir: