TURISMO
Santiago de Compostela recibe o premio Trivago Online Reputation Award 2013
O comparador de prezos de hoteis www.trivago.es premiou a Santiago de Compostela co Trivago Online Reputation Award 2013, o galardón que reconoce as cidades españolas con mellor reputación online.
TURISMO
Santiago promociónase en Fitur
Turismo de Santiago desenvolverá unha ampla axenda de actividades en Fitur, a principal feira turística de España, que se celebrará entre o 30 de xaneiro e o 3 de febreiro en Madrid. Alí presentarase o Proxecto Certo, promocionarase a nova conexión entre Santiago e Estambul e celebraranse reunións con representantes de Renfe e directores de OETs, entre outros.
PERSOAL
En marcha un plan de actuación para reducir os niveis de radon no Pazo de Raxoi
A concelleira de Persoal e Réxime Interior, Amelia González, informou en rolda de prensa sobre a posta en marcha dun plan para reducir as concentracións de gas radon nas dependencias do Pazo de Raxoi. Este programa, baseado fundamentalmente na captación e redireccionamento do gas en determinadas zonas para sacalo do edificio, permitirá avaliar se é o mellor sistema para reducir o gas na totalidade do inmoble.
ALCALDÍA
O alcalde escoitou as demandas da Asociación de Veciños Monte do Gozo
O alcalde compostelán, Ángel Currás, reuniuse en Raxoi cos representantes da Asociación de Veciños Monte do Gozo, do barrio de San Lázaro.
FACENDA
A partida da Xunta para o Consorcio de Santiago increméntase en 400.000 euros a raíz dunha emenda da Alcaldía
A concelleira de Facenda, Cecilia Sierra, anunciou o incremento en 400.000 da partida prevista inicialmente nos orzamentos da Xunta de Galicia para o Consorcio de Santiago. Este crecemento xorde a raíz dunha emenda presentada pola Alcaldía.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
O Entroido chega aos centros socioculturais con máis de 100 actividades
A Concellería de Centros Socioculturais pon en marcha Vive o Entroido un amplo programa de actividades para o Entroido, que xa se veñen desenvolvendo dende o 22 de xaneiro e que continuarán ata o 23 de febreiro. Son máis de 100 actividades en toda a rede de centros e locais socioculturais, que este ano, ademais, participarán activamente no desfile do martes de Entroido e na queima do Meco.
CULTURA
Sons’13 trae a Miguel Poveda ao Auditorio
Miguel Poveda estará en Compostela sábado 2 de febreiro, ás 21:00 horas, para dar un concerto no Auditorio de Galicia dentro do ciclo Sons’13. Despois de Miguel Poveda e tras o paso de Café Quijano, completarán o cartel de Sons’13 Uxía, Ana Moura, Amancio Prada, Odaiko, Coetus&Eliseo Parra, Pradairo, Pedro Guerra, Budiño, Win Mertens e Malevaje.
PLENO
Paula Prado formalizará a súa renuncia como concelleira no Pleno do xoves 31
O Pleno ordinario da Corporación municipal previsto para o xoves 31, a partir das 17:30 horas, terá entre os asuntos da súa orde do día a renuncia ao cargo da concelleira Paula Prado del Río. Ademais, debateranse diversas modificacións urbanísticas.
FESTAS
Oito xenerais realizaron un "atranque" do Entroido da Ulla na praza do Obradoiro
Os Xenerais da Ulla chegaron dacabalo á praza do Obradoiro para escenificar un típico "atranque" ou "alto", que serviu de presentación pública do Entroido tradicional da Ulla, que ten lugar nas inmediacións da cidade de Santiago dende a primeira metade do século XIX: os Xenerais van dacabalo, disfrazados con vistosas vestimentas militares similares ás desa época, que inclúen adornos puramente carnavalescos, que locen tamén os cabalos. Os concelleiros Francisco Noya e Luis Bello, entre outros...
TRANSPARENCIA
O Concello de Santiago mantén o seu nivel de transparencia malia a maior esixencia informativa do ITA 2012
Vénse de publicar o Índice de Transparencia de los Ayuntamientos (ITA) 2012, elaborado pola organización Transparencia Internacional España e que mide o nivel de transparencia dos 110 maiores concellos de España. Este Índice situa a Santiago de Compostela no posto 50 e constata o mantemento dos niveis de transparencia do Concello, malia a maior esixencia informativa deste ITA 2012 respecto a edicións anteriores.