NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
Clases de conversa en galego dende outubro
A Concellaría de Normalización Lingüística convoca un programa aberto de clases de conversa en galego que comezará o 1 de outubro. O obxectivo desta proposta é ofrecer un espazo no que adquirir e practicar o galego falado.
OBRAS
Adxudícanse sete novas obras en vieiros e redes de saneamento do rural
As respectivas mesas de contratación adxudicaron sete das obras incluídas no Plan de Obras e Servizos (POS 2013) da Deputación Da Coruña para mellora de vieiros e do saneamento nas parroquias do rural compostelán, segundo anunciou en rolda de prensa a concelleira de Obras e Infraestruturas, María Pardo. A previsión é que estas obras poidan comezar a mediados do mes de setembro.
DEPORTES
Última fase das obras de cubrición da bancada do campo de fútbol do Sergas
O concelleiro de Deportes, Adrián Varela, visitou as obras que se están a realizar no campo de fútbol de San Lázaro (Sergas) para cubrir a bancada. Esta actuación supón un investimento de 75.000 euros.
FESTAS
Ábrese a taquilla para a compra das entradas para Raphael e Primal Scream
Poderanse adquirir na billeteira do Teatro Principal en horario de 17:30 a 20:30 horas. As actuacións de Raphael e Primal Scream celebraranse os días 4 e 6 de setembro, respectivamente, no lugar inicialmente previsto, a praza da Quintana, despois de ser adiadas por mor da suspensión das Festas do Apóstolo a causa do accidente ferroviario do pasado 24 de xullo.
ALCALDÍA
O Concello recibirá esta semana a parcela de 3.600 metros cadrados na que se construirá a nova área recreativa de Angrois
A cesión dos terreos de Adif en Angrois nos que se construirá unha área recreativa formalizarase esta semana. Así o anunciou a ministra de Fomento, Ana Pastor, na reunión que mantivo en Raxoi co alcalde compostelán, Ángel Currás, e con representantes da Asociación de Veciños de Angrois.
TURISMO
Turismo de Santiago e Turismo de Tanabe intercambian persoal para mellorar o coñecemento dos mercados
Turismo de Santiago e Turismo de Tanabe (Xapón) intercambiarán persoal no marco da súa colaboración para a promoción conxunta de ambas cidades, que son as cidades de referencia das dúas rutas de peregrinación declaradas Patrimonio da Humanidade pola Unesco, o Camiño de Santiago e o Kumano Kodo. Santiago e Tanabe levan tempo traballando xuntas, pero neste ano reforzarán esta colaboración con motivo do ano dual Xapón – España, cun plan de promoción conxunta.
ALCALDÍA
O presidente de Irlanda, Michael Higgins, visitou o Concello e realizou unha ofrenda floral ás vítimas do accidente de Angrois
O alcalde compostelán, Ángel Currás, recibiu en Raxoi o presidente de Irlanda, Michael Higgins.
TRÁFICO
O radar do Hórreo activarase o 5 de setembro
O concelleiro de Tráfico e Mobilidade, Luis Bello, anunciou que, a partir do 5 de setembro, estará activo con fins sancionadores o radar fixo instalado no túnel do Hórreo. O dispositivo, que xa está funcionando en probas dende o 9 de maio, detectou nas últimas semanas incrementos nas velocidades medias ao paso polo túnel, o que aconsellou a súa posta en marcha canto antes, unha vez que se teñen as autorizacións e certificacións pertinentes.
CIDADE HISTÓRICA
A revisión do Plan Especial da Cidade Histórica buscará melloras na conservación do patrimonio e na calidade de vida
A revisión do Plan Especial de Protección e Rehabilitación da Cidade Histórica será aprobada en Xunta de Goberno o luns 26 de agosto. Iniciaranse así os trámites para a redacción desta modificación, que terá un custo de 452.000 euros, sufragados a partes iguais polo Concello e a Xunta de Galicia.
TURISMO
As pernoctacións creceron un 14,9% en Santiago no mes de xullo
O número de pernoctacións en Santiago rexistrou un crecemento importante durante o mes de xullo, segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE). A cidade alcanzou as 123.300 pernoctacións, o que representa un crecemento do 14,9% respecto do mes de xullo do 2012. O crecemento apoiouse tanto no aumento no número de pernoctacións domésticas coma de pernoctacións internacionais, que no 2013 continúan alcanzando as mellores cifras da historia na cidade.