MEDIO AMBIENTE
O Centro de Interpretación Ambiental organiza un roteiro polo parque de Belvís
O CIAC continúa coa súa actividade en novembro. Ademais de recibir a centros escolares cada semana, o CIAC organiza actividades para a cidadanía en xeral as fins de semana. Así, este sábado, 30 de novembro, de 12:00 a 13:30 horas, realizarase un percorrido polo parque de Belvís.
ALCALDÍA
A Asociación Cultural Francisco Asorey prepara os actos do 125º aniversario do nacemento do artista
O alcalde compostelán, Ángel Currás, reuniuse en Raxoi coa presidenta da Asociación Cultural Francisco Asorey, María del Carmen Asorey; co seu vicepresidente, José Manuel Asorey, e co secretario da entidade, Vicente Pérez. Na xuntanza, a Asociación propúxolle ao alcalde a súa participación como membro da comisión creada para organizar os actos do 125º aniversario do nacemento do artista. Entre outras actividades, está prevista a realización dunha exposición durante o 2014 en Santiago...
XUVENTUDE
Segunda sesión do curso de retoque dixital organizado pola Concellería de Xuventude
A concelleira de Xuventude, Rebeca Domínguez, participou na segunda sesión do Curso de iniciación ao retoque dixital. Photoshop I, organizado polo seu Departamento e que se celebra no Centro Sociocultural Xuvenil Municipal do Ensanche. O curso remata este sábado, 30 de novembro.
CULTURA
Albert Serra recolle o Premio Cineuropa
Esta xornada do xoves 28, penúltima do festival, será moi especial, xa que se entregará o terceiro e último premio Cineuropa desta edición. Logo de José Sacristán e María de Medeiros, recibe agora o premio o cineasta Albert Serra. O director ofreceu unha rolda de prensa previa acompañado polo director do Festival, José Luis Losa, e polo director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou.
CONSORCIO
Os máis pequenos terán a oportunidade de coñecer a antiga muralla de Santiago a través de talleres
O Consorcio de Santiago está a organizar no Museo das Peregrinacións e de Santiago (sede Praza das Praterías) uns talleres sobre a antiga muralla medieval que rodeaba a cidade compostelá. Comezan este domingo, 1 de decembro, e celebraranse ata mediados de xaneiro. Poderán participar nenos e nenas de 6 a 12 anos. A inscrición é gratuíta e deberá realizarse no propio museo ou no correo visitasguiadas@consorciodesantiago.org.
MULLER E IGUALDADE
O alcalde agradece o compromiso dos profesionais do ámbito da intervención contra a violencia de xénero
O alcalde compostelán, Ángel Currás; xunto co vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda; o valedor do Pobo, José Julio Fernández Rodríguez; e a concelleira de Benestar Social, María Castelao, inaugurou o I Congreso Nacional de Intervención e Prevención da Violencia de Xénero, que se celebra os días 28, 29 e 30 de novembro no Hotel Oca Puerta del Camino.
PARQUES E XARDÍNS
O Concello destinará 3,3 millóns de euros a manter e conservar máis de 2,2 millóns de metros cadrados de zonas verdes
A concelleira de Sostibilidade, María Pardo, explicou as principais características do que será o novo contrato de conservación e mantemento das zonas verdes do municipio. Agárdase que para a primavera poida comezar a executarse este novo contrato, que conta cun prezo de licitación de 3.326.967 euros ao ano para o mantemento de 2.276.500 metros cadrados de zonas verdes.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno aproba as normas que regularán a concesión de autorizacións para actividades artísticas na vía pública
A Xunta de Goberno, na súa sesión ordinaria, aprobou as normas que rexerán as autorizacións de celebración de actividades artísticas na vía pública promovidas por particulares. Trátase das autorizacións que se conceden a músicos, mimos ou outros artistas que exercen a súa actividade, fundamentalmente, no casco histórico.
EMPREGO
O Foro da Intermediación e o Emprego celebra 28 actividades e case 80 encontros con empresas na súa primeira xornada
O alcalde compostelán, Ángel Currás, acompañado da concelleira de Economía e Emprego, Reyes Leis, visitou o Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, onde se celebra durante dous días o Foro da Intermediación e Emprego. Esta iniciativa do Concello de Santiago pretende dar a coñecer os servizos e o labor desenvolvido pola Axencia Local de Colocación ao longo de todo o ano e ten como obxectivo prioritario informar sobre os requisitos, as competencias e as oportunidades de emprego do mercado laboral actual. Ademais,...
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Últimos días para visitar en Fontiñas a exposición "Os cines de Compostela"
Ata o sábado 30 de novembro poderá visitarse no Centro Sociocultural das Fontiñas a exposición Os cines de Compostela. Fotogramas da nosa historia, incluída no programa Compostela Cine Classics 2013. A mostra está aberta de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas.