FACENDA
As propostas dos Orzamentos Participativos reciben preto de 4.500 apoios
Durante a segunda fase do proceso de Orzamentos Participativos de 2018, que rematou o pasado 27 de xullo. contabilizáronse 4.447 apoios. Nesta fase, que se estendeu do 11 de xuño ao 27 de xullo, a veciñanza de Compostela puido dar o seu "gústame" ás propostas presentadas na fase inicial, un paso fundamental para que estas poidan chegar, tras a avaliación técnica, á fase final de votación.
RELACIÓNS VECIÑAIS
O Concello destina 100.000 euros para que as asociacións veciñais poidan desenvolver actividades de interese xeral
O concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda, Mobilidade e Relacións Veciñais, Jorge Duarte, deu conta esta mañá da apertura do prazo para que as asociacións veciñais sen ánimo de lucro de Compostela poidan solicitar as subvencións para desenvolver actividades de interese xeral.
FESTAS
A veciñanza encheu as rúas e prazas de Compostela no Apóstolo das Mulleres
A concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, fixo balance esta mañá das festas do Apóstolo, polas que pasaron preto de 80.000 persoas nos 13 días de festexos. Tal e como sinalou a edila, "este Apóstolo das Mulleres veu marcado pola alta participación, a aposta unha vez máis pola descentralización dos espazos, pola variada oferta para todos os públicos e pola combinación entre grandes nomes e músicos e músicas da nosa cidade".