ALCALDÍA
O alcalde recibiu o gañador do II Certame de Creación Audiovisual do Grupo Cidades Patrimonio
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibiu o gañador do II Certame de Creación Audiovisual do Grupo Cidades Patrimonio na categoría de 19 a 30 anos, Alejandro Gesto. Este compostelán alzouse co premio cunha peza sobre a riqueza patrimonial da cidade.
ALCALDÍA
O 49º Congreso Nacional de Podoloxía reunirá máis de 1.000 profesionais na cidade do 5 ao 6 de outubro
O alcalde de Santiago reuniuse coa Xunta Directiva do Colexio Oficial de Podólogos. Martiño Noriega puido así coñecer os detalles do 49º Congreso Nacional de Podoloxía, que se celebrará no Palacio de Congresos os días 5 e 6 de outubro.
ESPAZOS CIDADÁNS
O Goberno introduce modificacións puntuais na Ordenanza de Terrazas
O Pleno da Corporación debaterá o próximo día 19 a modificación da Ordenanza reguladora das terrazas e quioscos de hostalería, xa aprobada na Xunta de Goberno do pasado venres. O concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade, Jorge Duarte, explicou hoxe o contido das modificacións, "que buscan mellorar a seguridade xurídica nas terrazas interiores, limita o prazo das autorizacións das terrazas con pechamentos estables, e reduce a posibilidade de que estas instalacións ocupen espazo...
FACENDA
O Concello remata o 2017 con superávit e coa débeda en mínimos históricos
A concelleira de Facenda, María Rozas, deu conta hoxe dos principais indicadores da liquidación do exercicio orzamentario do ano 2017, que coloca a Santiago cunha débeda bancaria de 29 millóns de euros, o mínimo histórico, e con boa saúde económica tras un ano con boa execución de ingresos e gastos.
FESTAS
O Concello volve sortear convites para presenciar os Fogos do Apóstolo dende o espazo para convidados
O Concello de Santiago volve sortear este ano 25 convites dobres (agraciado/a e acompañante) para presenciar o espectáculo luminoso e pirotécnico da noite do 24 de xullo dende a zona habilitada para os e as convidadas. Estes convites dobres súmanse aos 25 xa entregados como premio a participantes na iniciativa ambiental Tropa Verde.