EMPREGO
Santiago recibe 1,5 millóns de euros de fondos europeos para o seu Plan de Emprego Xuvenil
A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, anunciou este venres que o Concello de Santiago vén de recibir unha subvención europea por importe de 1,5 millóns de euros que permitirá levar a cabo o Plan Xuvenil de Integración Profesional "Mocidade con Emprego", cofinanciado polo Fondo Social Europeo a través da Iniciativa de Emprego Xuvenil e a Garantía Xuvenil.
FESTAS
As agrupacións Brincadeira, Cantigas e Agarimos, Ultreia e Ponte Vella agasallaranos co mellor folclore
A concelleira de Mocidade, Deportes e Benestar Animal, Noa Morales, presentou esta mañá a 49ª edición da Xornada de Folclore, que reunirá o domingo na praza da Quintana as agrupacións compostelás Brincadeira, Cantigas e Agarimos e Ultreia, e a teense Ponte Vella.
XUNTA DE GOBERNO
Aberto o procedemento de adxudicación do Servizo de Axuda no Fogar
A Xunta de Goberno acordou este venres sacar a licitación o Servizo de Axuda no Fogar, mediante procedemento aberto. A adxudicación farase por un importe máximo autorizado de case catro millóns de euros, IVE incluído, e por un período de dous anos.
FESTAS
Os Fogos do Apóstolo farán un repaso pola tradición das festas ao longo dos séculos
Os Fogos do Apóstolo farán este ano un percorrido polas tradicións vinculadas ás celebracións de Santiago, dende as festas do Cendal coas que se lle rendía homenaxe ao Apóstolo ata finais do século XVII. Así o explicaron hoxe o alcalde, Martiño Noriega, e o director creativo do espectáculo, Javier García, nunha rolda de prensa na que deron os detalles do evento máis agardado das festas. Este ano, a montaxe corre a cargo de Acciona Producciones y Deseño, que á súa vez lle encargou a...
FESTAS
A segunda fin de semana das festas do Apóstolo tráenos a Xornada de Folclore, o Certame Folk e o concerto Territorio das Mulleres
As festas do Apóstolo achéganse ao ecuador cunha fin de semana na que destaca a aposta pola música tradicional e o folclore, combinada coas festas en movemento que ofrece o programa Artellando.
CONSORCIO
A canción "Himno do máxico amor a Compostela" estrearase no especial que emitirá a Televisión de Galicia o 25 de xullo
O vindeiro martes 25 de xullo, Día de Galicia, estrearase o "Himno do máxico amor a Compostela" no programa "Especial 25 de xullo" da Televisión de Galicia, a partir das 22:00 horas, coas voces de Rosa Cedrón e Carolina Rubirosa.
ALCALDÍA
O Concello lembra as persoas represaliadas tras o golpe de Estado de 1936 cun emotivo acto no antigo cárcere da Falcona
O Concello de Santiago quixo lembrar na tarde deste venres o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 e as persoas represaliadas pola dictadura franquista. Así, organizouse un acto na antiga cárcere do Pazo de Raxoi, comunmente coñecida como Falcona, no que participaron María Rozas, tenente de alcalde; Antonio Míguez Macho, representante de Histagra, e Mila Bouzón, da asociación Iniciativa Galega pola Memoria.