IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu unha concentración para condenar o último asasinato machista, que deixou este sábado unha vítima en Huéscar (Granada).
FESTAS E DEPORTE
As festas do Apóstolo tamén recordan o xornalista deportivo Antonio Bermúdez
O Estadio de San Lázaro acollerá o próximo 25 de xullo un partido en memoria do xornalista deportivo Antonio Bermúdez, que enfrontará á S.D. Compostela e ao C.D. Lugo. O encontro foi presentado hoxe en rolda de prensa polo alcalde, Martiño Noriega; o presidente do Compostela, Antonio Quinteiro; o director de Relacións Institucionais do club, Ramón Castro, e o fillo do homenaxeado, o tamén xornalista deportivo Toño Bermúdez.
FESTAS
Música galega e irlandesa e actividades infantís na VI edición do Certame Folk
O Certame Folk das festas do Apóstolo celebrará o próximo sábado 22 a súa VI edición, grazas á colaboración entre o Concello e La Voz de Galicia. O segundo tenente de alcalde, Jorge Duarte, foi hoxe o encargado de presentar esta cita, nunha rolda de prensa na que estivo acompañado polo delegado territorial do xornal en Santiago, Ignacio Carballo, e por un dos integrantes do grupo Milladoiro, Pepe Ferreirós.
ALCALDÍA
O alcalde reuniuse co presidente da Federación Galega de Ciclismo
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e a concelleira de Deporte, Noa Morales, reuníronse co presidente da Federación Galega de Ciclismo, Juan Carlos Muñiz, e co director técnico do organismo, Guillermo Sande.
ALCALDÍA
Martiño Noriega recibiu a Serge Haroche, Premio Nobel de Física 2012
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibe o Premio Nobel de Física 2012, Serge Haroche, que está na cidade no marco do programa ConCiencia. O científico asinou no Libro de Honra.
FESTAS
O Circompostela 2017, o cine ao aire libre e o último concerto de Terra da Fraternidade marcan a quinta xornada do Apóstolo
A quinta xornada de festas do Apóstolo, este martes 18 de xullo, levará a música, o circo e o cine a diversos recunchos da cidade.