FESTAS
O Concello volve sortear convites para presenciar os Fogos do Apóstolo dende o espazo para convidados
O Concello de Santiago volve sortear este ano 25 convites dobres (agraciado/a e acompañante) para presenciar o espectáculo luminoso e pirotécnico da noite do 24 de xullo dende a zona habilitada para os e as convidadas. Estes convites dobres súmanse aos 10 xa entregados como premio a participantes na iniciativa ambiental Tropa Verde.
ACCIÓN CULTURAL
O Festival Peregrinos Musicais abre a súa sétima edición en Compostela
O Teatro Principal é o escenario escollido para a Gala concerto inaugural do VII Festival Peregrinos Musicais, que este ano adianta o seu calendario habitual ao mes de xullo para coincidir coa semana festiva da cidade. A cita é ás 20:30 horas de mañá mércores e o prezo da entrada é de 6 euros.
FESTAS
Cidade Vella colabora na programación do Apóstolo con dez concertos de diferentes estilos
O concelleiro de Medio Ambiente, Convivencia e Informática, Xan Duro, presentou este martes as actividades enmarcadas na programación do Apóstolo nas que o Concello colabora coa Asociación Cultural Cidade Vella. Xan Duro estivo acompañado por un dos membros do colectivo, Manuel Rodríguez.
CONSORCIO
O alcalde inaugura o primeiro Centro de Formación de Referencia en Materia de Rehabilitación
O alcalde de Santiago e presidente do Consorcio, Martiño Noriega, inaugurou este martes o primeiro Centro Nacional de Formación de Referencia en Materia de Rehabilitación da Península Ibérica, situado na antiga fábrica de curtidos de Pontepedriña de Arriba. No acto participaron tamén o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo; o presidente da Fundación Laboral da Construción, Juan F. Lazcano, e o xerente desta entidade, Eligio Nieto.
FACENDA
Continúan os encontros para a fase de apoios dos orzamentos participativos Compostela Decide
Para facilitar a participación da cidadanía, os orzamentos participativos Compostela Decide achéganse durante esta semana aos centros socioculturais e celebran asembleas presenciais por zonas ou procesos. Tras a celebración onte dun encontro correspondente á zona Norte no CSC de Vite, o equipo técnico trasladarase hoxe, ás 20:00 horas, ao CSC de Santa Marta, onde están convocadas as persoas pertencentes aos barrios de Conxo, Vidán, Santa Marta e A Rocha (zona Sur).