ALCALDÍA
Os Encontros AO VIVO chegan hoxe á cidade histórica
Hoxe martes celebrarase un novo encontro AO VIVO, convocado polo goberno local para render contas diante da cidadanía e para recoller as súas queixas e suxestións. Á xuntanza están convocados os veciños e veciñas da área da cidade histórica, que inclúe a Zona Vella-Intramuros, Castrón Douro, San Lourenzo e Galeras. A cita será ás 20.00 no Mercado de Abastos.
MEDIO AMBIENTE E CONVIVENCIA
Máis dun cento de veciños e veciñas participan no proxecto piloto das illas de compostaxe
O alcalde e o concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia visitaron hoxe a illa de compostaxe instalada no barrio de Galeras, dentro do proxecto piloto que tamén levou os composteiros a Santa Marta e Salgueiriños. Martiño Noriega e Xan Duro estiveron acompañados polo responsable de Parques e Xardíns, Gregorio López Albardonedo, e polo presidente da Asociación de Veciños de Galeras, José Manuel González.
MEDIO AMBIENTE
Roteiro polas Brañas de Sar e obradoiro de granizados no CIAC para o mes de xullo
Comeza o verán e con el continúan as actividades programadas no Centro de Interpretación Ambiental de Compostela.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
O Concello destina máis de 300.000 euros ao mantemento dos centros públicos de Compostela
O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, deu conta esta mañá das obras que dende o departamento se van acometer durante os meses de xullo e agosto nos centros públicos dependentes do Concello. En total estímase un investimento que superará os 300.000 euros.
ALCALDÍA
A veciñanza da cidade histórica exprésalle as súas demandas ao Goberno local
O alcalde, Martiño Noriega, e os concelleiros e concelleiras do Goberno local mantiveron hoxe un novo Encontro AO VIVO coa veciñanza, desta vez coa da área da Cidade Histórica. Maís de 70 persoas asistiron á reunión, que tivo lugar na Nave 5 da Praza de Abastos.