CONSORCIO
A Real Filharmonía de Galicia participa en Música en Compostela cun novo concerto este venres no Auditorio de Galicia
No marco da 59ª edición do Curso Universitario Internacional de Música Española Música en Compostela, a Real Filharmonía de Galicia participa cun novo concerto mañá venres. Será ás 20:30 horas, no Auditorio de Galicia, baixo a batuta do director asociado da orquestra, o mestre compostelán Maximino Zumalave. Ademais, intervirá como solista o pianista catalán Josep María Colom.
ALCALDÍA
Santiago de Compostela é seleccionada na II Convocatoria de Cidades Intelixentes cun proxecto en colaboración cos concellos de Zaragoza, Madrid e A Coruña
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, anunciou esta mañá que o Concello de Santiago vén de gañar a II Convocatoria de Cidades Intelixentes promovida polo Ministerio de Industria, co proxecto Plataforma de goberno aberto, colaborativo e interoperable. "Para nós", explicou Martiño Noriega, "é un éxito ter sido un dos 14 proxectos elixidos dos 111 presentados e, ademais, ter obtido a terceira mellor puntuación. Esta proposta supón dar un paso máis de cara a mellorar a transparencia no...