FESTAS
O Concello organiza unha xornada de xogos populares para iniciar as festas do Apóstolo
A programación das Festas do Apóstolo vén de sumar unha nova actividade, dirixida ao público familiar. Trátase dunha xornada de xogos populares, que se desenvolverá na Alameda na tarde do próximo venres 15 de xullo, xusto antes do pregón inaugural dos festexos a cargo de Anxo Carracedo.
DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO
Últimos días para solicitar as axudas a novas empresas de Compostela Móvese
Este venres 15 remata o prazo para que as novas empresas presenten as súas solicitudes á liña de axudas de Compostela Móvese, cun orzamento de 100.000 euros, que busca apoiar o desenvolvemento empresarial mediante axudas a fondo perdido sobre o gasto corrente da empresa. Con esta liña de axudas apóstase por modelos empresariais cooperativos e integradores, apoiando os sectores económicos definidos como claves para o desenvolvemento económico sostible do Concello.
ALCALDÍA E TURISMO
Martiño Noriega destaca o "altísimo nivel musical" de Radio Cos, Xabier Díaz e Narf, que representarán a Galicia no Womex 2016
Womex, a maior feira do mundo da word music xa deu a coñecer os 33 grupos da selección oficial, que proveñen dende Xapón ata Portugal, pasando por Mauritania, Finlandia, Macedonia, Uzbekistán, Colombia, Canadá ou China, entre moitos outros países. Radio Cos é a banda galega na selección oficial; mentres que Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre e Narf & Timbila Muzimba foron seleccionados para o escenario Atlantic Connections, que acollerá as mellores propostas da Península Ibérica e...
ACCIÓN CULTURAL
Numax e Curtocircuíto amplían a súa colaboración coa proxección de curtametraxes
Un ano máis, o Cinema Numax e Curtocircuíto. Festival Internacional de Cine de Santiago de Compostela xuntan forzas para organizar actividades en común. A colaboración neste 2016 iníciase coa inclusión periódica na carteleira de Numax de distintas curtametraxes seleccionadas nas últimas edicións do festival.