EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Charla co mestre e poeta Antonio Rubio no marco da Campaña de Animación á Lectura
Este martes, ás 18:30 horas, celebrarase unha sesión formativa para educadores/as na Galería Sargadelos, que leva por título Do berce á lua: o traballo poético na escola, unha charla-encontro co poeta e mestre Antonio Rubio.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Aberta a inscrición nos obradoiros de verán das escolas infantís municipais
As escolas infantís municipais de Conxo, As Fontiñas e Meixonfrío-Salgueiriños abriron este luns a inscrición nunha nova edición dos seus obradoiros de verán, que se desenvolverán durante o período de vacacións escolares. Están destinados a nenos e nenas empadroados en Santiago que cursen estudos de 2º ciclo de educación infantil e 1º e 2º de educación primaria, con idades comprendidas entre os 3 e os 8 anos.
ACCIÓN CULTURAL
As Mañás de Verán e de Xogo ofrecen unha alternativa de lecer a 245 rapaces e rapazas durante o mes de xullo
A partir deste mércores 4 de maio, e ata o 20 deste mes, estará aberto o prazo para inscribirse nas Mañás de verán e de xogo, que se desenvolverán en oito centros socioculturais durante o mes de xullo. Os detalles do programa foron presentados en rolda de prensa pola concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra.
FACENDA
O Concello de Santiago conta xa cos orzamentos e o cadro de persoal para o 2016
O Boletín Oficial da Provincia da Coruña anuncia hoxe a publicación definitiva do orzamento xeral e do cadro de persoal do Concello de Santiago de Compostela para o exercicio 2016.
DEPORTE
A Andaina dos 50 quilómetros percorrerá os lugares máis emblemáticos da cidade
O concelleiro de Deporte, Rafael Peña, presentou en rolda de prensa acompañado do presidente do Club Deportivo Fontiñas, Iñaki Bilbao, a XIII Edición da Andaina dos 50 quilómetros de Santiago, organizada por este club.
ACCIÓN CULTURAL
A Concellaría de Acción Cultural colabora co Maio Lírico 2016 que organiza a asociación Amigos da Ópera de Santiago
A Concellaría de Acción Cultural colabora con Amigos da Ópera na programación do Maio Lírico 2016, que esta asociación organiza para conmemorar o Día Europeo da Ópera. En total, serán tres actividades, todas elas de entrada libre: a IV Gala Lírica dos Conservatorios de Galicia; un concerto da Banda Municipal coa soprano Teresa Novoa; e Dido e Eneas, de Henry Purcell, primeira ópera que presenta a asociación e que se fai en colaboración coa ESMAE de Oporto.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Publícanse as listaxes provisionais de admitidos e de agarda nas escolas infantís de Conxo, As Fontiñas e Meixonfrío-Salgueiriños
A Concellaría de Educación e Cidadanía comunica que a Comisión de Baremación e Selección, na súa sesión do 3 de maio de 2016 , elaborou a proposta inicial e acordou facer pública as listaxes provisionais de admitidos, excluídos e listaxes de agarda das escolas infantís municipais de Conxo, das Fontiñas e Meixonfrío-Salgueiriños para o curso 2016-2017.
ALCALDÍA
Recepción á Compostela Band antes da súa marcha ao IV Festival Nacional de Charangas
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibiu a Andrés Pérez, da Compostela Band, antes de que partan cara Poza de la Sal (Burgos), onde participarán o vindeiro 7 de maio no IV Festival Nacional de Charangas.
ALCALDÍA
Reactivada a Mancomunidade de Compostela
A Mancomunidade da Comarca de Compostela volve explorar vías de colaboración entre os sete concellos membros, despois de máis de catro anos sen celebrarse ningunha reunión do seu plenario. Na primeira xuntanza formal nesta nova etapa do órgano, esta mañá no Pazo de Raxoi, acordouse a constitución de tres comisións de traballo que, explicou o presidente da Mancomunidade e alcalde de Santiago, "faciliten que a entidade teña un funcionamento por obxectivos, sen xerar falsas expectativas, e con reunións do plenario...
CONSORCIO
O principal violinista da Orquestra da Ópera Alemá de Berlín impartirá clases a músicos galegos
A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM), con sede en Santiago de Compostela, dispón dun programa de formación permanente dirixido a intérpretes novos. Ao longo do ano ofrécese a posibilidade de asistir a unha serie de clases maxistrais que imparten solistas de prestixio internacional. O recoñecido violinista polaco Tomasz Tomaszewski formará neste instrumento tanto aos estudantes da escola como a alumnos externos interesados en perfeccionar a súa interpretación co violín.