MEDIO AMBIENTE
Xornadas micolóxicas no Centro de Interpretación de Parques e Xardíns de Belvís
O Centro de Interpretación de Parques e Xardíns (CIPX) de Belvís organiza unhas xornadas sobre micoloxía os días 18, 19 e 26 de novembro. Dirixidas a todos os públicos, as actividades teñen prazas limitadas.
TURISMO
Santiago volve á feira World Travel Market de Londres
A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, e a xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil, manterán reunións con touroperadores de todo o mundo no marco da WTM de Londres, que se celebra entre o 7 e o 9 de novembro.
CONSORCIO
Iñaki Martín e Francisco Alonso impartirán clases a vindeira semana na Escola de Altos Estudos Musicais
A Escola de Altos Estudos Musicais dispón dun programa de formación permanente dirixido a intérpretes noveis. Ao longo do ano ofrécese a posibilidade de asistir a unha serie de clases maxistrais que imparten solistas de prestixio internacional. A vindeira semana estarán na escola o percusionista madrileño Iñaki Martín e o fagotista valenciano Francisco Alonso. Formarán nestes instrumentos tanto a estudantes da Escola como a alumnado externo interesado en perfeccionar a súa interpretación.
FACENDA E ESPAZOS CIDADÁNS
O Goberno local inicia os traballos previos para o desenvolvemento da EDUSI
O concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade, Jorge Duarte, e a concelleira de Economía e Facenda, María Rozas, deron conta hoxe das conclusións do VI Pleno da Rede de Iniciativas Urbanas celebrado a semana pasada en Madrid para clarexar os pasos a dar para o desenvolvemento da EDUSI. Na xuntanza estiveron representados todos os concellos que o Ministerio de Facenda e Administracións Públicas seleccionou na primeira convocatoria como beneficiarios dos fondos europeos.
IGUALDADE
Compostela en Negro obtén o Premio Paraugas ao mellor deseño gráfico
Esta fin de semana, a campaña Compostela en Negro, deseñada por Uqui Permui, recibiu o Premio Paraugas ao mellor deseño gráfico. Unha nova que chega cando quedan tan só 11 días para que de comezo a segunda edición da campaña, desenvolvida polo Concello de Santiago co gallo do Día Internacional da Violencia contra a muller.
ACCIÓN CULTURAL
"El ciudadano ilustre" inaugura oficialmente a 30ª edición de Cineuropa
A trixésima edición de Cineuropa dará comezo este martes ás 16:00 horas con catro sesións de cine gratuíto no CGAC. Seguidamente, ás 19:00 horas. estrearase o Cinema Numax como sede do festival coa proxección de Los ausentes, a suxestiva ópera prima da cineasta arxentina Luciana Piantanida. O Teatro Principal acollerá, ás 20:30 horas, a inauguración oficial do festival coa proxección de El ciudadano ilustre, de Gastón Duprat e Mariano Cohn,. A presentación.../em>