NORMAILIZACÓN LINGÜÍSTICA
O concurso de vídeo-creación para centros de ensino xa ten os seus gañadores
Rematado o prazo de votación para o premio do público, a Concellería de Normalización Lingüística anuncia os premiados no concurso de vídeos convocado esta primavera para promover o uso da lingua galega desde os centros escolares.
ALCALDÍA
DECRETO DE AVOCACIÓN DE COMPETENCIAS E MEMBROS DA XUNTA DE GOBERNO
No enlace pódese consultar o decreto de Alcaldía sobre a reestruturación temporal do goberno mentres o alcalde ultima a configuración do novo executivo así como o decreto que determina os membros da Xunta de Goberno.
DESENVOLVEMENTO URBANO SOSTIBLE
A Comisión asesora do Casco Histórico aproba a renovación dos pavimentos da praza de Galicia por máis de 100.000 euros
O alcalde compostelán, Ángel Currás, deu conta dos asuntos tratados pola Comisión asesora do Casco Histórico na sesión ordinaria do mércores 3 de xuño entre os que salientan a renovación dos pavimentos da praza de Galicia ou a mellora da rede de saneamento na rúa do Franco.
TURISMO
Área Central acolle o Festival de Patchwork de Galicia
O Centro Comercial e de Negocios acolle a máis de 35 expositores entre o venres seis e o domingo oito de xuño . O Patchwork é a arte de unir teas de diferentes cores e tamaños empregando múltiples técnicas para facer, cuns deseños únicos, manteis, tapices, cestas, caixas...
CULTURA
Vinte e tres concertos na 9ª edición do festival Via Stellae
Foi presentado esta mañá polo director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, e o secretario xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo
TURISMO
A Organización Mundial do Turismo e as Cidades Patrimonio asinarán un convenio de colaboración en Santiago este venres 6 de xuño
O Seminario da OMT "O rol do Patrimonio Mundial na configuración de produtos turísticos innovadores" que se inaugura o 6 de xuño en Santiago é o primeiro proxecto que ambas as dúas entidades poñerán en marcha para a posta en valor e comercialización do Patrimonio Mundial como produto turístico diferenciado.
CULTURA
A Real Filharmonía de Galicia pecha a súa tempada de concertos coa obra da compositora francesa Louise Farrenc
A orquestra interpretará tamén a peza para piano máis universal, o Concerto n.º 5 de Beethoven, acompañada do pianista ruso Alexander Melnikov. Hoxe mércores concerto en Vigo e mañá xoves en Santiago, baixo a batuta do director alemán Christoph König
CULTURA
Adhírese o persoal do Auditorio de Galicia ao Convenio Colectivo e Acordo Regulador do Concello de Santiago
Esta mañá o alcalde da cidade e presidente do Consello Reitor do Auditorio de Galicia, Ángel Currás; o director-xerente do organismo, José Víctor Carou; e o delegado sindical dos traballadores do mesmo, Rogelio Fernández, asinaron o acordo de adhesión do persoal do Auditorio de Galicia ao Convenio Colectivo e Acordo Regulador do persoal ao servizo do Concello de Santiago de Compostela. Fixérono a proposta do Consello Reitor do Auditorio que, reunido onte, aprobou a proposta desta adhesión de forma unánime.