TURISMO
A Xunta concede ao Concello o obradoiro de emprego "Ecotur Santiago"
A Concellería de Emprego organiza un novo obradoiro baixo a denominación de "Ecotur Santiago" que permitirá a contratación de 23 persoas durante un periodo de 6 meses, que se formarán en tres especialidades laborais: Promoción Turística Local e Información ao Visitante, Confección e Publicación de Páxinas Web e Operacións Auxiliares de Revistimentos Continuos de Construcción. O obradoiro concédeo a Dirección Xeral de Emprego e Formación.
CULTURA
A 3ª edición da Romaría Pop celébrase o sábado 14 de xuño
A Romaría Pop volta coa súa terceira edición o vindeiro 14 de xuño no parque de Belvís de Santiago de Compostela. O evento, organizado por Desconcierto Cultural en colaboración co Concello de Santiago de Compostela, é xa unha referencia no calendario de festivais galegos pola súa aposta como espazo de convivencia e encontro para todo tipo de público, coa música feita en Galicia coma eixe vertebrador. Foi presentado esta mañá polo director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, e...
EMPREGO
O paro baixa en Santiago un 4,14% respecto a abril e un 12,13% respecto a maio do ano pasado
O número de persoas paradas en maio foi de 8.379, fronte ás 8.741 de abril e as 9.536 de maio do ano pasado. Os datos de Santiago melloran aos de Galicia, cun descenso mensual do 2,48%, e de España, cun descenso do 2,39%.