NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
Entregados os premios do I Concurso de vídeo-creación para centros de ensino
A concelleira Reyes Leis presidiu a entrega dos premios do I Concurso de vídeo-creación para centros de ensino, organizado pola Concellería de Normalización Lingüística co fin de promover o uso da lingua galega.
CULTURA
Comando Katana e Sidecars, novas propostas do ciclo Compostela Rock
O ciclo Compostela Rock terá dous novos concertos neste mes de xuño, Comando Katana e Sidecars, que se unen aos xa presentados con anterioridade. Así, o martes 17 de xuño estarán os composteláns Comando Katana presentando o seu novo disco, Menos de lo mismo; o sábado 21 de xuño celebrarase, como xa estaba anunciado, a noite de Reggae Galego; e o 26 de xuño Sidecars presentan o seu novo disco, Fuego cruzado. Todos os concertos serán na Sala Capitol.
BENESTAR SOCIAL
Un grupo de mozos e mozas formarase durante este verán na dirección de actividades de tempo libre
O Concello de Santiago a través da Unidade Municipal de Atención a Drogodependentes (UMAD), pon en marcha un curso de directores de actividades de tempo libre. O curso desenvolverase os días 14, 21, 22, 28, 29 de xuño e 5, 12, 19, 20, 26, 27, 28, 29 e 30 de xullo, en horario de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 horas, no Centro Don Bosco e no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche. A actividade ten un custo de 100 euros e conta coa homologación oficial da Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
As prazas das "Mañás de verán e de xogo" adxudicaranse mediante sorteo público
Finalizado o prazo de inscrición nas actividades "Mañás de verán" e "Mañás de xogo", incluídas no programa Vive o verán, todos os grupos foron completados amplamente, polo que a Concellería de Centros Socioculturais comunica que a adxudicación das prazas se realizará mediante sorteo público. Celebrarase o mércores 18 de xuño, ás 13:00 horas, no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche.
CULTURA
O parque de Belvís acolle este sábado a terceira edición da Romaría Pop
A Romaría Pop volve coa súa terceira edición este sábado 14 de xuño no parque de Belvís. O evento, organizado por Desconcierto Cultural en colaboración co Concello de Santiago de Compostela, é xa unha referencia no calendario de festivais galegos pola súa aposta como espazo de convivencia e encontro para todo tipo de público, coa música feita en Galicia coma eixo vertebrador.
EDUCACIÓN
A Escola Municipal de Música celebra o fin do curso interpretando unha selección de nanas tradicionais do mundo
Este venres 13 de xuño, ás 19:00 horas, a Sala Brage do Auditorio de Galicia acolle o festival de fin de curso da Escola Municipal de Música. O evento leva por título Soños da infancia, cun programa integrado por nanas tradicionais de diferentes partes do mundo.
TURISMO
Exposición sobre A Estrada no Instituto Europeo Campus Stellae
A concelleira Reyes Leis asistiu á inauguración da mostra A Estrada, as riquezas do noso concello, que se exhibe no Instituto Europeo Campus Stellae (praza da Quintana).