UMAD
O rapeiro ToteKing será o protagonista dun novo concerto sen alcohol
O Concello, a través da Unidade Municipal de Atención a Drogodependentes (UMAD) organiza, en colaboración coa Sala Capitol, un novo concerto sen alcohol. Será o venres 20 de xuño a partir das 21:00 horas e o protagonista será o rapeiro andaluz ToteKing.
MEDIO RURAL
Continúan os traballos de roza nos vieiros das parroquias do rural compostelán
O concelleiro José María Rosende supervisou os traballos de roza que se realizaron durante o día na parroquia de Bando.
TURISMO
O tráfico internacional do aeroporto de Santiago sube un 25% no mes de maio
Nos cinco primeiros meses do ano, o aeroporto de Santiago suma preto de 140.000 pasaxeiros nas súas conexións internacionais regulares. No mes de xuño inaugúranse as novas conexións a Roma e Amsterdam, co que o aeroporto terá a maior conectividade internacional da súa historia.
CULTURA
Aberto o prazo de recollida de invitacións para os concertos de balde do Via Stellae
O Concello de Santiago e a Xunta de Galicia organizan e promoven a novena edición do Festival Via Stellae, un certame esencial no verán compostelán que, a piques de cumprir os seus dez primeiros anos de vida, vén avalado por unha consolidada traxectoria e que sempre contou co respaldo do público e co recoñecemento da prensa especializada. Nesta edición serán un total de 23 concertos que se celebrarán dende o 20 de xuño ata o 15 de xullo. Dos 23 concertos do programa só serán de pago seis, cuns prezos...
ALCALDÍA
O Auditorio de Galicia acolle a presentación de 15 novos proxectos audiovisuais
O alcalde compostelán, Ángel Currás, recibiu un grupo de profesionais do audiovisual de Galicia, con motivo da celebración en Santiago este xoves, 12 de xuño, da 8ª edición do pitching "I+P Ideas para producir", organizado polo Clúster Audiovisual Galego (Clag). Asistirán máis dunha ducia de responsables de canles de televisión nacionais e autonómicas, axentes de distribuidoras e destacados produtores de todo o país. Nesta edición presentaranse 15 proxectos (once galegos, tres...