EDUCACIÓN
Os alumnos de primaria do Colexio San Jorge foron os gañadores no Certame de Teatro Intercentros
O Teatro Principal acolleu esta tarde a representación da obra "H" dos alumnos de primaria do Colexio San Jorge, que foron os premiados da XIX edición do Certame de Teatro Intercentros de Compostela e comarca na súa categoría. A concelleira de Educación María Castelao, fixo entrega dos diplomas aos centros participantes e de agasallos aos premiados.
XUVENTUDE
O Centro Sociocultural do Ensanche acolle unha nova actividade de formación laboral da Concellería de Xuventude
A concelleira Rebeca Domínguez asistiu esta tarde no CSC do Ensanche ao inicio do curso de preparación de entrevistas de traballo, unha actividade que organiza o seu departamento e que continúa co calendario de actividades formativas que se presentou para os meses de febreiro e xullo.
COMERCIO
Comprar en Santiago prémiase con 4.000 euros
A Federación Galega de Comercio e a Federación de Comercio de A Coruña presentaron hoxe unha campaña de dinamización do consumo nas vilas galegas, que baixo o lema "As compras na túa vila teñen premio", desenvolverase en Santiago de Compostela dende hoxe, 26 de maio e ata o 6 de xuño. A iniciativa premiará con 4.000 euros a confianza no comercio retallista da vila, sorteándose 5 tarxetas regalo de 300 euros e 25 tarxetas regalo de 100 euros. Ao acto asistiu a concelleira Reyes Leis.
TURISMO
Área Santiago promocionarase como destino turístico diferenciado a través das redes sociais
Os 16 concellos de Área Santiago empregarán as redes sociais para transmitir unha imaxe unificada do destino turístico, cunha oferta ampla e diversa. A sintaura da constitución do grupo como entidade xurídica con persoalidade propia terá lugar a mediados de xullo.