CENTROS SOCIOCULTURAIS
Ábrese o prazo para participar na excursión Galicia Máxica
Aberto o prazo desde hoxe martes 20 de maio a partir das 17 horas para participar nunha nova viaxe do programa municipal Imos de excursión. Neste caso será "Galicia máxica, Ortigueira-Cariño-Cedeira" que se desenvolverá o domingo 8 de xuño.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
A Praza da Quintana acollerá o sábado 24 actividades para todos os nenos en conmemoración do Día do Xogo
O concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya, presentou o "Feirón de Xogos", unha xornada lúdica dedicada ao "Día do xogo", aberta a nenos e nenas de toda a cidade prevista para o sábado 24 de maio a partir das 11 horas na Praza da Quintana.
DESENVOLVEMENTO URBANO SOSTIBLE
A Comisión asesora de Casco Histórico aproba o traslado das atraccións para evitar danos na Alameda
A concelleira da Área de Desenvolvemento Urbano Sostible, María Pardo, deu conta en rolda de prensa do asuntos tratados na última sesión da Comisión asesora de Casco Histórico, entre os que salienta especialmente a decisión de trasladar as atraccións das festas para evitar que se sigan producindo danos na carballeira de Santa Susana.
ALCALDÍA
O alcalde recibiu en Raxoi o Nobel de Medicina Harald zur Hausen
O alcalde compostelán, Ángel Currás, recibiu en Raxoi ao Premio Nobel de Medicina 2008, Harald zur Hausen, que está en Santiago participando nunha nova edición do Programa ConCiencia.
EDUCACIÓN E NORMAILIZACÓN LINGÜÍSTICA
O Colexio Peleteiro celebra unha nova edición dos premios Minerva
As concelleiras de Normalización Lingüística e de Educación, Rebeca Domínguez e María Castelao, asistiron ao acto de entrega dos XLII premios literarios Minerva convocados para os alumnado de 3º, 4º de ESO e Bacharelato dos centros galegos.
FESTAS
A Orquestra Compostela celebra este mércores o seu 95 aniversario no Teatro Principal
Mañá, mércoes 21 de maio, a ORQUESTRA COMPOSTELA celebrará o seu 95 aniversario cunha gala no Teatro Principal ás 21.00 h. na que contará con invitados que formaron parte da súa historia, tan vinculada coa nosa cidade levando o seu nome por todo o mundo.