DESENVOLVEMENTO URBANO SOSTIBLE
Actividades do Centro de Interpretación Ambiental de Compostela para o mes de maio
Dentro do marco de actividades organizadas polo Centro de Interpretación Ambiental de Compostela (CIAC), este mes terá lugar un obradoiro de limpeza natural e un roteiro polas Brañas do Sar.
ALCALDÍA
O Pazo de Raxoi recibe á SD Compostela no peche de tempada
O alcalde de Santiago, Ángel Currás, recibiu esta mañá en Raxoi aos adestradores e directivos da SD Compostela con motivo do final de tempada regular na volta do equpio santiagués á Segunda división B.
EDUCACIÓN
As familias gozaron do seu día no Multiúsos do Sar
A concelleira de Benestar Social, María Castelao, comprobou in situ a boa acollida das actividades programadas para celebrar o Día Internacional da Familia. Ao longo da tarde foron moitos os composteláns e compostelás que se achegaron ata o Multiusos do Sar para participar nelas.
NORMAILIZACÓN LINGÜÍSTICA
Ábrese a votación do premio do público no concurso de vídeo-creación para centros de ensino
A partir de hoxe e ata as 12 da noite do 31 de maio contabilizaranse os apoios que reciba cada un dos vídeos participantes neste concurso que convoca a Concellería de Normalización Lingüística.
ÁREA DE DESENVOLVEMENTO URBANO SOSTIBLE
O Concello sacará a licitación o mantemento e conservación de máis de 100 edificios públicos municipais
A concelleira da Área de Desenvolvemento Urbano Sostible, María Pardo, presentou en rolda de prensa esta medida, que ten por obxectivo aforrar custes e tempo ao Concello no mantemento e arranxo das instalación municipais. O tipo de licitación é de 630.800,03 euros.
DEPORTES
O 24 de maio arranca no Campus Sur a terceira edición do CorreSan
O concelleiro de Deportes, Adrián Varela, presentou esta mañá unha nova edición do CorreSan. Unha iniciativa pioneira en Santiago de Compostela dende o ano 2012 que ano tras ano atrae a un elevado número de participantes xerando unha gran expectación na cidade e na comarca.
ALCALDÍA
Os rapaces de Compostela aprenden as claves da reciclaxe co programa "Separemos ben, reciclemos mellor"
O alcalde compostelán, Ángel Currás, e a concelleira de Educación, María Castelao, acompañaron aos conselleiros de Medio Ambiente, Agustín Hernández, e de Educación, Jesús Vázquez, na súa visita ao CEIP de Vite, con motivo do Día mundial da reciclaxe, que se conmemora o 17 de maio.
CULTURA
A Banda Municipal de Música estrea unha obra inédita de Pascual Veiga no Concerto do Día das Letras Galegas
O programa, dirixido por Juan Miguel Romero LLopis, será íntegro de música galega e contará coa colaboración do gaiteiro José Manuel López, ‘Josele’.
TURISMO
O aeroporto de Santiago roza os 100.000 pasaxeiros nas súas conexións internacionais nos catro primeiros meses do ano
O tráfico nas conexións internacionais aumentou un 37% no primeiro cuatrimestre repecto do ano pasado, que foi o ano da historia con maior número de pasaxeiros nestas conexións. O aeroporto de Santiago inaugurou en maio a nova conexión de Vueling con Bruxelas, á que se sumará en xuño as novas conexións con Roma e Ámsterdam.