TURISMO
Santiago recibe a visita dunha ampla delegación de Tanabe
10/05/2014
Ler máis
O alcalde da cidade nipona, Mitsutoshi Manago, encabeza un grupo no que se inclúen monxes budistas e sacerdotes xintoístas da Prefectura de Wakayama que farán unha actuación na Catedral. Santiago e Tanabe renovarán o seu convenio de colaboración para a promoción conxunta das cidades e dos Camiños de Santiago e Tanabe.
SERVICIOS SOCIAIS
A UMAD pon en marcha un curso de perruquería canina e equina
10/05/2014
Ler máis
Trátase dunha iniciativa que a Umad dirixe a aqueles mozos e mozas que abandonaron o sistema educativo formal e carecen da necesaria capacitación para desenvolver unha profesión. Este curso capacita ao alumando para profesionalmente realizar tarefas de perruquería e coidados básicos caninos e equinos. A concelleira da Área de Servizos Sociais visitou os obradoiros.