EDUCACIÓN
Corenta nenos e nenas participan na edición de setembro do Programa de Conciliación
A concelleira de Educación, María Castelao, visitou a edición de setembro do Programa Municipal de Conciliación, que se celebra do 2 ao 10 de setembro no CEIP As Fontiñas. Uns 40 nenos e nenas participan nas actividades, agrupadas baixo o título Aventura no pequeno planeta.
TURISMO
Turismo de Santiago promocionará a cidade en Brasil, Xapón e San Sebastián durante este mes de setembro
A concelleira de Turismo, Reyes Leis, presentou no Pazo de Raxoi tres accións de promoción que desenvolverá Turismo de Santiago neste mes de setembro. Lembrou que o ano 2013 está sendo o mellor da historia da cidade en pernoctacións internacionais, segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE). Entre xaneiro e xullo houbo 248.821 pernoctacións foráneas, que representan un 12,4% máis respecto aos primeiros sete meses do 2012. Este crecemento prodúcese respecto a un ano no que xa se conseguirán as...