SERVIZOS BÁSICOS
De la Fuente proporá o incremento da contía das sancións por actos incívicos como pintadas ou vertidos ilegais
O concelleiro da Brigada de Vías e Obras e Xestión Ordinaria de Servizos Básicos, Juan de la Fuente, anunciou que é a súa intención propor un incremento significativo das sancións por actos incívicos, dos que puxo como exemplo as pintadas ou os vertidos incontrolados. Lonxe de ter un afán recadador, considera que as sancións teñen que ser "proporcionais" ao dano causado, para que exerzan un maior efecto disuasorio.
XUNTA DE GOBERNO
Outros 266.000 euros en axudas para as áreas de rehabilitación de Vista Alegre, Pontepedriña e Casco Histórico
A Xunta de Goberno, na súa sesión ordinaria, aprobou definitivamente axudas de diferentes fases das áreas de rehabilitación integral (ARI) de Vista Alegre, Pontepedriña e Casco Histórico. En total, estas axudas suman algo máis de 266.000 euros.
PARTICIPACIÓN CIDADÁ
Aberto ata o mercores 18 de setembro o prazo de presentación de solicitudes das subvencións ás asociacións veciñais de 2013
O Boletín Oficial da Provincia (BOP) do 29 de agosto de 2013 publica as bases das subvencións ás asociacións de veciños deste exercicio 2013. A partida total para estas axudas ascende a 64.800 euros. O prazo de presentación das solicitudes ábrese mañá, 30 de agosto, e permanecerá aberto ata o mércores 18 de setembro.