URBANISMO
A praza de Vigo terá unha imaxe máis humanizada e contará cun parque infantil e cun circuíto biosaudable
A concelleira de Urbanismo, María Pardo, anunciou a aprobación pola Xunta do Goberno do xoves 22 do proxecto de reforma da praza de Vigo. Grazas a esta actuación, a praza contará cun parque infantil, cun circuíto saudable e con axardinamento e mobiliario renovados. O orzamento da obra é de 145.200 euros.
ALCALDÍA
O alcalde falou co presidente da FEGAMP sobre o proxecto da Lei de Reforma Local
O alcalde compostelán, Ángel Currás, reuniuse en Raxoi co alcalde de Ferrol e presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), José Manuel Rey.
TURISMO
Santiago promociónase en Alemaña
Santiago, a través do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España, participará esta fin de semana en Frankfurt (Alemaña) na segunda edición da Spanien am Main, a campaña de promoción que organiza Turespaña con motivo da celebración do 23 a 25 de agosto do Museumsuferfest.