DEPORTES
En marcha os Xogos do Eixo Atlántico con máis de 60 representantes composteláns
O concelleiro de Deportes, Adrián Varela, desprazouse ata Guimaraes para acompañar os deportistas da cidade nesta décima edición dos xogos.
EMPREGO
O Cersia acolle a reunión da Xunta Directiva do proxecto europeo Keyfora
Trátase dun proxecto que pretende dar respostas ao envellecemento poboacional, un dos problemas máis serios que afecta a Europa nestes tempos. Os membros foron recibidos tamén no Pazo de Raxoi.
XUVENTUDE
Un programa de voluntariado para mozos e mozas permitirá a recuperación da Carballeira de Tarrío
A actividade desenvolverase nos días 16, 23 e 30 de xullo na parroquia do Carballal co obxectivo de promover a concienciación e sensibilización da poboación nova sobre o medio.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Ábrese o prazo para a inscrición na excursión ás Illas Ons
A Concellaría de Centros Socioculturais abre a partir de hoxe 4 de xullo o prazo para participar na próxima viaxe dentro do programa Imos de excursión.
FESTAS
Esgotadas as entradas da promoción a 17 euros de Primal Scream nunha tarde
O 2 de xullo, despois da presentación do concerto do grupo PRIMAL SCREAM do peche das festas do Apóstolo o 31 de xullo, vendéronse 270 entradas ao longo da tarde polos canais da internet.
EDUCACIÓN
Xa comezou "Alternativa Activa", un programa de apoio ao estudo nos meses de verán no centro sociocultural da Trisca
O Equipo de Dinamización Social Urbana Santiago Norte- Servizos Sociais, en colaboración co Centro Sociocultural da Trisca puxo en marcha o programa Alternativa Activa, de apoio escolar no verán
COMERCIO
"San Pedro para vivir, San Pedro para traballar" implicou aos veciños no desenvolvemento comercial
O programa, dentro do Urbana Santiago Norte, tiña por obxectivo favorecer o desenvolvemento do tecido económico local, contribuindo ao mantemento e apertura de novos comercios e negocios nos diferentes locais comerciais existentes, así como dar a coñecer o potencial e usos alternativos dos locais comerciais dispoñibles
XUNTA DE GOBERNO
A Deputación da Coruña achega preto de 10.000 euros para a Escola Municipal de Música
A voceira adxunta da Xunta de Goberno, María Castelao, deu conta dos acordos adoptados na última sesión. Entre eles a concesión dunha subvención á Escola de Música que permitirá financiar parte da súa programación anual.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Continúan as actividades do programa Vive o verán dos Centros Socioculturais
O concelleiro de Centros socioculturais participou no obradoiro "medrar en familia" que tivo lugar no Centro Sociocultural de Santa Marta
Esta actividade, enmarcada no programa Vive o verán promovido pola Concellaría de Centros Socioculturais, tratábase dun obradoiro para bebés de 6 a 36 meses. Esta é a segunda sesión xa que a primeria tivo lugar o pasado día 2 de xullo no Centro Sociocultural de Conxo
XUVENTUDE
A concelleira de Xuventude reuniuse cos pais dos nenos e nenas do campamento de verán de surf e inglés
Ademais asistiu en Sar a un obradoiro de cociña de verán organiado pola Concellería.