ACCIDENTE FERROVIARIO
O Concello concederá a Medalla de Ouro da cidade aos veciños de Angrois
A xunta de voceiros do Concello de Santiago de Compostela, celebrada hoxe ás 11.00 horas e presidida polo alcalde compostelán, Ángel Currás, acordou propoñer a concesión da Medalla de Ouro da cidade aos veciños de Angrois.
MEDIO RURAL
O Concello acomete a limpeza de gabias e parcelas nas parroquias do rural e as reparacións no firme das súas pistas
A concelleira de Obras e Infraestruturas, María Pardo, deu conta do inicio de varias actuacións no medio rural, destinadas a limpar as parcelas e cunetas das parroquias do rural e a mellorar o firme das súas pistas.
BENESTAR SOCIAL
Publícase o listado de subsanación de solicitudes e documentación das bolsas de comedor escolar para o curso 2013/2014
A Concellería de Benestar Social fixo público o listado de subsanación de solicitudes e documentación das bolsas de comedor escolar para o curso 2013/2014. Tamén se pode consultar esta listaxe nos taboleiros de anuncios da Concellaría da Área de Servizos Sociais e Oficina de Información e Atención ao Cidadán.
ACCIDENTE FERROVIARIO
Multitudinaria despedida ás vítimas do accidente ferroviario de Angrois
A Catedral de Santiago acolleu o funeral oficial polas 79 vítimas do accidente ferroviario de Angrois, acontecido o pasado 24 de xullo. Familiares das vítimas asistiron a esta cerimonia, que tamén se puido seguir a través dunha pantalla xigante dende a praza da Quintana.