URBANISMO
A información urbanística do Concello, dispoñible na web municipal a través do Programa Urbanismo en Rede
O proxecto está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER). O Ministerio de Industria, a través de Rede.es, aporta o 70% do investimento e o 30% restante, o Concello da cidade de Santiago. A implantación das novas ferramentas informáticas e consolidación do planeamento urbanístico sistematizado no marco do Programa Urbanismo en Rede en Santiago de Compostela iniciouse durante o primeiro trimestre de 2012.
A información poderase consultar a partir do 11 de xullo de 2013 na web www.santiagodecompostela.gal, tal e...
ALCALDÍA
Rematadas as obras de pavimentación nas vías municipais en Barciela, Polveira e Lavacolla
O alcalde compostelán, Ángel Currás, e o presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, visitaron as parroquias de Barciela e Lavacolla, onde o ente provincial financiou as obras de pavimentación de varias vías nestas zonas do rural compostelán.
CULTURA
A cidade de Santiago homenaxea ao mestre Antón García Abril no seu 80 aniversario
O Consorcio de Santiago e o Instituto Cervantes colaboran na organización dun concerto que quere recoñecer a traxectoria artística do compositor, que este mes cumpre 80 anos. O concerto foi presentado en rolda de prensa polo propio homenaxeado e o alcalde compostelán, Ángel Currás.
DEPORTES
A proba nocturana do CorreSan encherá as rúas do casco histórico de deportistas e afeccionados na súa segunda edición
A terceira proba do ciclo de carreiras saudables CorreSan terá lugar na noite do sábado. O concelleiro de Deportes, Adrián Varela, presentou, xunto co delegado en Santiago da Federación Galega de Atletismo Iván Sanmartín, os detalles do percorrido, que comezará ás 23.00 horas praza da Quintana.
XUNTA DE GOBERNO
Aprobado o proxecto de excavación arqueolóxica do Castelo da Rocha Forte
A voceira da Xunta de Goberno, María Pardo, deu conta dos asuntos tratados na última sesión, entre os que salienta a designación de técnicos municipais para o proxecto de excavación do Castelo da Rocha